lunes, 15 de octubre de 2012

Hai outro camiño


Din que non hai outro xeito de facer as cousas. Din que os nosos fillos e netos terán que ter traballos inestables e mal pagos, que é iso ou o paro. Que tras unha vida sen poder cotizar, terán pensións de miseria. Pídennos xa que baixemos os salarios aos funcionarios e as pensións aos nosos maiores. Que traballemos até os 70 anos mentres a metade dos xoves está no paro. Que menos médicos e profesores, e a pagar os libros e mesmo o uso do comedor nos colexios, as medicinas e as receitas. E ante esas peticións da dereita europea, Feijoo... convoca eleccións antes de responder.
A dereita aposta pola austeridade, pola rebaixa dos gastos do Estado, porque renuncia a incrementar os ingresos. As grandes empresas pagan aquí a metade de impostos da media europea. As grandes fortunas pagan menos que os desempregados. Os deputados teñen exentos de impostos o 40% das súas percepcións. Fai poucos anos eliminaron os impostos de sucesións e o do patrimonio, favorecendo a quen máis pagaba por eles. Namentres, soben os impostos dos cueiros e pónnos igual cos dos coches de luxo. Cando de subir se trata, súbennos os que pagamos todos por igual, cando baixan, baixan aqueles nos que pagan máis os que máis teñen.
É unha aposta política, a de favorecer a quen máis ten, a aposta pola desigualdade. Non poden axudar aos gandeiros, pero axudan ás multinacionais como Alcoa e Citroen. Non poden axudar aos parados que quedan na rúa por non poder pagar a hipoteca, pero axudan aos bancos e fan que paguemos todos a súa débeda. Non poden axudar a quen perde os cartos enganado coas preferentes, pero fan amnistías fiscais para quen os teña en paraísos fiscais no extranxeiro.
O peor é que fanno porque os cidadáns actuamos na política como no futbol. Somos dun equipo e non mudamos o noso voto aínda que saibamos que non o están a facer ben, que xa nos enganaron, que nos ocultan a verdade, que adelantan as eleccións porque despois van facer algo que nos vai enfadar, algo inxusto que hoxe non poden ou non queren ter que explicar. Semella que nós temos que serlles fideis a eles, cand son eles quen deberan sernos fideis a nós.
Non é certo que non haia outro camiño. Pero se queremos que cambie o xeito de facer política primeiro temos que cambiar nós. Non van mudar se non llo dicimos, e só hai unha linguaxe que eles entenden, só unha maneira de dicirlles se nos gusta á súa proposta para o futuro ou non. Despois, a chorar, a protestar contra os EREs no bar, a arrepentirse do voto ou de non ir votar... un día importante para os galegos, para o futuro dos nosos fillos e netos, este domingo.

martes, 2 de octubre de 2012

O desemprego, o modelo económico e o 21-O


Hai dous camiños para saír da crise; o do crecemento, e o do decrecemento. O primeiro, defendido polo PP e polo PSOE, di que para crear emprego temos que crecer economicamente. O PP aposta por crear as condicións con baixos salarios e flexibilidade laboral e esperar a que a demanda externa reavive a nosa industria, mentres que o PSOE di que hai que recadar fundos aos que máis teñen e empregalos en medidas de estímulo económico que permetan o crecemento xa.
A estratexia do PP e dos seus socios europeos non semella funcionar. O premio Nobel de economía Paul Krugman expón no seu último libro que priorizar a devolución da débeda afogando á sociedade non tivo éxito nunca antes na historia en ningures para saír dunha crise como a que vivimos. Basta ollar aos nosos veciños para ver o que nos está a esperar se non mudamos o rumbo.
A estratexia do PSOE pode funcionar como lle está a funcionar aos Estados Unidos, (é dicir, non moi ben). Cómpre unha mudanza das socialdemocracias europeas para explorar esa vía: facer no futuro políticas económicas contrarias ás que veñen defendendo nas últimas décadas, aliñarse cos intereses do 99% da poboación.
Dun ou doutro xeito, a estratexia do crecemento para crear emprego vaise topar cos límites do noso planeta: os ambientáis, e os dos recursos enerxéticos. Eses límites non son lonxanos, de acordo cos informes da Asociación Internacional da Enerxía (nada suspeitosa de ecoloxismo) que poñen o 2015 como fin dos altos prezos do petróleo: a partir da metade da década vanse disparar sen control.
A estratexia do decrecemento é máis sinxela. Para crear emprego basta repartir o existente hoxe. Que é lóxico que os avances tecnolóxicos se traduzan en máis tempo libre, e que ao repartir os cartos consumiremos menos algúns de nós, pero todos teremos o necesario, contaminaremos menos e viviremos máis tranquilos. Claro, o gran capital non vai sacar gran cousa por ese camiño.
En todo caso, cómpre lembrar que a estrutura económica da civilización é creación nosa. É o ser humano quen decide cómo se organiza, somos nós que facemos as leis e decidimos que é importante e que non o é tanto. Nada hai inmutable: as cousas seguen como están porque non nos poñemos a cambialas. O mundo está rexido por estados formalmente democráticos pero, mentres non o collamos nós, o temón vaino seguir a levar o diñeiro.
As cousas non van mudar elas sóas, pero as ferramentas están nas nosas mans. Podemos decidir movernos, ou ficar quietos. Decidiremos ao ir votar ou ao nos abster. Ninguén pode escapar desa responsabilidade: todos imos decidir o noso futuro o vindeiro 21 de outubro.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Vou nas listas

Despois de tanto falar neste foro silencioso, atópome na tesitura de comezar a traballar (ollo, sen cobrar! ;D) para mobilizar a esa metade dos galegos que ao parecer non pensan ir votar.
O obxectivo de traballar para levar uns ou outros representantes ao Parlamento galego penso que vale a pena. Hai moitas cousas que cambiar na política galega, e aínda que isto é así desde fai décadas, a experiencia da miña participación no movemento 15M fíxome pensar que a política non vai cambiar mentres os cidadáns non comecemos a participar directamente nela.
Tras colaborar na redacción do programa de Equo para as eleccións nacionais de novembro pasado incorporeime a un novo proxecto político verde de dimensión galega: Espazo Ecosocialista (Ecogaleguistas). Desde el tratamos de introducir no debate e propostas políticas os principios defendidos polo 15M: un novo xeito de facer política, un novo tipo de políticos. No noso caso, cunha proposta de esquerdas, ecoloxista, feminista e pacifista: o que se ten dado en chamar a nova esquerda. Galega, xa que estamos na Galiza.
Desde este foro temos, a maiores de defender o noso ideario e propostas, o obxectivo de artellar a cooperación activa e, co tempo, a unidade da esquerda galega. Conscientes de que as nosas ideas son defendidas por persoas que están desde o PSOE até o BNG, pasando por ANOVA, CxG e EU, e por suposto os irmáns de EQUO, temos traballado estes meses para acadar un proxecto conxunto, e alternativo ao do PP, ou ao menos nunha coalición electoral.
Finalmente temos que darnos por satisfeitos, xa que ao menos a maioría das forzas extra-parlamentarias que se din de esquerdas (excepto CxG) imos confluír na coalición Alternativa Galega de Esquerdas. Desde ela ofertamos moita esquerda, moita ecoloxía, moita sintonía cos principios do 15M (democracia real, directa, fomento da participación cidadá en todos os ámbitos...) A partitura é boa, e coido que atractiva, próxima a tantos cidadáns que se mobilizaron estes meses, alternativa ao que os partidos maioritarios veñen defendendo en Galicia, en España e máis en Europa.
Outro mundo é posible, pero hai que ser quen de transmitilo, e que a xente comparta esa idea e ese novo camiño. Agora cómpre ensaiar moito, que os concertos saian ben e que a mensaxe chegue nítida á maior parte posible da cidadanía.

lunes, 10 de septiembre de 2012

Dúas novas opcións políticas en Galicia


Tras as turbulentas datas transcorridas desde o anuncio de eleccións anticipadas en Galicia, os mares da esquerda e do nacionalismo teñen agora que voltar á calma. A falla de capacidade negociadora por case todas as bandas cara á converxencia urxida pola lei electoral non debe agora completarse cunha loita fratricida entre as dúas candidaturas.
É entendible, e polo tanto explicable, que a converxencia non foi posible porque as novas opcións políticas atópanse ideoloxicamente afastadas e non, como sucedía en tempos anteriores, por mero capricho dos seus dirixentes. Son proxectos políticos que non defenden as mesmas solucións, porque non comparten o mesmo ideario político.
A actual difección de Compromiso por Galicia defende de xeito maioritario o actual sistema económico capitalista, propoñendo melloras á súa versión actual no eido da loita contra á corrupción e o fraude, na defensa das Pemes fronte aos intereses das grandes empresas e as trasnacionais, no modelo de partido aberto á cidadanía... en definitiva, propostas similares ás que adoitan facer, pero non cumprir, os partidos socialdemócratas e liberais.
A coalición Anova-EU non acredita no sistema, e o seu obxectivo é a súa superación para achegarnos progresivamente a outro tipo de sociedade rexida polos cidadáns, cooperativa e igualitaria, de baixo consumo, ambientalmente sostible, introducindo medidas innovadoras como o reparto do emprego existente, a limitación dos salarios máximos e a suba dos mínimos, etc.
Ambas opcións defenden e comparten polo de agora á necesidade dunha nova forma de facer política, renovada, austera, achegada aos cidadáns, aberta á participación, polo que é de esperar que coincidan nos vindeiros tempos na defensa de medidas de hixiene política, de eliminación de privilexios de clase, na liña do demandado polo movemento 15M.
 Sería de interese que as dúas obtiveran presenza no parlamento galego para que a cidadanía galega poida visualizar en San Caetano as dúas versións da nova política, a renovadora e a transformadora, alternativas aos partidos que hoxe nos gobernan.
Cómpre explicalo ben á cidadanía, tratarse con respecto e dirixirse aos votantes como adultos, lonxe de mesianismos, hipocresía e descalificacións. 45 de cada 100 electores están decepcionados co que hai e van na procura dunha opción nova e atractiva. Sexamos que de explicalas. E non nos demos entre nós, que xa nos van dar abondo desde fóra.

lunes, 3 de septiembre de 2012

Las culpas, a Europa

Es Europa la que nos obliga a tomar estas medidas impopulares, duras, que no querríamos tomar. Es la demanda europea de reducción del déficit a toda costa y su empecinamiento en no actuar contra la especulación que enriquece a los poderes financieros y empobrece a los ciudadanos. ¿Qué podemos hacer desde Galicia, desde Madrid, si no es aquí donde se toman las decisiones?
Parece mentira tener que escuchar estas cosas en las pretendidas democracias avanzadas de occidente, pero todos los días están en los medios de comunicación, difundidos por periodistas, políticos y tertulianos.
Como si las políticas europeas no fueran de derechas ni de izquierdas, como si las teorías económicas fueran inmutables, como si todos los países del mundo en todas las épocas de la historia hubieran salido así de sus crisis.
NO SEÑOR: las políticas europeas son las de la derecha europea, las que se vienen implementando con el beneplácito del partido popular español, que un día dice que no hay otro camino y al día siguiente dice que lo hace obligado. Y así nos lleva por el largo y tortuoso camino único que vio Zapatero en su iluminación de mayo de 2010 y que profundiza en deprimida espiral en el agujero donde estamos.
¿O es que escuchamos a nuestros políticos clamar en Europa, un día sí y otro también, por un cambio de modelo económico, por las tasas a las transacciones financieras, por el cierre de los paraísos fiscales, por el final del secreto bancario?
Señor Rajoy, señores tertulianos, señores periodistas: róbennos, pero no se rían en nuestra cara: es su modelo, el mundo según su derecha neoliberal.
El 99% estamos creando el nuestro. Al tiempo.

A Razón: PP, PSOE e BNG perden 1/3 dos votantes

Aínda non se presentaron as candidaturas e xa saíu a primeira enquisa electoral para as galegas do 21 de outubro. O PPSOE baixa 10 puntiños, o que non está mal, e a abstención sube outros 10 puntiños, iso debéramos loitar por mudalo.
Para dármonos conta da importancia da abstención, lembremos os resultados das pasadas eleccións:
- 35% de abstención, 65% de votos válidos.
- Dos votos válidos: 47% PP, 31% PSOE, 12% BNG, 1% UPyD, 1% IU, 2,5% outros.

É dicir, de cada 100 persoas abstivéronse 35 e votaron 65. Das que votaron,  30 votaron ao PP dándolle a maioría absoluta, 20 ao PSOE e 10 ao BNG. Cómpre salientar que as persoas que non votaron foron máis das que votaron ao PP (35 de cada 100 fronte a 30).
A enquisa publicada hoxe pola Razón augura que a abstención suba até un 45%, é dá a seguinte táboa de resultados:
- 40% PP, 28% PSOE, 11% BNG, 5% ANOVA, 4% EU, 4% UPyD, 3% CxG, 3% outros.
De acordo con esa enquisa, de 100 persoas non votan 45 e si o fan 55. Desas 55, o 40%, unhas 19, votarían ao PP (deixándoo ao borde da maioría absoluta de novo!), 13 ao PSOE e 6 ao BNG.
Comparando cos resultados de fai catro anos, vemos que se fai catro anos 60 de cada 100 galegos votaron ao PP, ao PSOE ou ao BNG (30, 20 e 10, respectivamente), nesta enquisa augúrase que só o farán 38 (19 PP, 13 PSOE e 6 BNG).
Que tanto o PP como o PSOE e o BNG perden, aproximadamente, o 30% dos seus votantes indica que o cansazo coa actual clase política galega semellaría afectar a todos os grupos con presencia institucional por igual.
Porén, cómpre lembrar aos desafectos que hai outras opcións con posibilidades reais de entrar no parlamento galego. E tamén lembrarlles que coa combinación deses 19 apoios de cada 100 galegos ao PP, se hai unha grande abstención, podería darse a renovación da maioría absoluta popular no parlamento galego (si, coas bandeirolas na rúa Xénova de Madrid, celebrando que a maioría social galega apoia as políticas do PP.)
Aínda hai tempo para que todos os protagonistas, candidatos, partidos e votantes, pensen con tempo o que queren para o 22 de outubro. Preto da metade dos galegos non pensan ir votar, quen vai pelexar por sacalos da casa?

domingo, 2 de septiembre de 2012

O clarificador adianto electoral

A decisión, interesada ou forzada, de Feijoo, de adiantar as eleccións galegas ao 21 de outubro, coa consecuente obriga de presentar no prazo de sete días as posibles coalicións electorais, vai ser a proba do nove da sinceridade das boas intencións manifestadas polas diferentes forzas políticas do país.
Os partidos tradicionais, PP, PSOE e BNG, xa sabemos que van coma sempre; porén están enriba da mesa ofertas de EU e ANova para a converxencia das esquerdas (xa rexeitada polo BNG e Compromiso por Galicia por "anticapitalista") e a proposta de CxG a ANova dunha coalición "xenuinamente galega" (excluíndo polo tanto a forzas como EU ou Equo).
Nun contexto de emerxencia social no que as forzas políticas que se din alternativas e renovadoras deben poñerse no lado do 99%, superando as diferencias ideolóxicas de fondo para artellar un proxecto alternativo que abra a porta ao cambio da cultura política imperante, semella fóra de lugar poñer atrancos aos acordos cos poucos que están dispostos a escoitar o clamor pola unidade da cidadanía.
Nestes intres, a actitude que semella ter ANova é sen dúbida a que goza do meu maior aprecio: pacto sobre un programa radicalmente democrático, participativo, sustentable, na defensa dos servizos públicos e da maioría social, con todo aquel que queira subscribilo. Aí coido que hai que estar, con eles, con EU se cadra, con Equo se quere, e con outras forzas pequenas que queiran sumar os seus pequenos porcentaxes de votos comprometidos e de cualidade polo cambio do modelo.
Temos un par de días para saír de dúbidas e saber definitivamente quen é cada cal.

domingo, 15 de julio de 2012

O carro, os bois e a converxencia na nova política galega


Quero escribir esta entrada antes de comezar a lectura dos periódicos do día, que de seguro nas súas edicións galegas incluirán as conclusións da asemblea constituínte do NPC celebrada onte en Compostela.
Remataba o outro día cunha pregunta, que tería que ofrecer unha forza política para que esa maioría escéptica se animara a confiar neles. E é que certamente á crise do sistema económico mundial, e á nosa particular, engádese unha enorme crise do sistema democrático cunha desconfianza da cidadanía na clase política que non deixa de medrar.
O clamor popular “no nos representan” é sen dúbida o primeiro dos nosos problemas, xa que son os políticos quen terían que argallar até acadar as solucións que nos axuden a superar a actual emerxencia social que padecemos.
A incapacidade das forzas políticas dominantes no espectro galego para auto-rexenerarse obriga aos cidadáns inquedos a mobilizarse a través de movementos sociais de denuncia e cooperación como o 15M, no cuxo seo teñen nacido sinerxía pola coalescencia de iniciativas antigas e novas que vai tecendo unha rede na que a propia sociedade vai proverse de ferramentas para evitar o colapso, unha rede ao fin de seguridade para aqueles aos co sistema en quebra vai deixando caer.
A importancia desa rede que vai tomando forma na neonada Cooperativa Integral Galega é crucial e merece todo o apoio (animo desde aquí á integración nela de todos os galegos), pero non quita da necesidade de recuperar a confianza nos nosos políticos, mesmo con vistas a acadar o apoio das institucións estatais e galegas a estas iniciativas cidadás.
Cómpre logo traballar tamén na creación dunha nova maioría parlamentaria galega que antepoña un programa común de rexeneración democrática como urxencia máxima ao día de hoxe, na procura da desaparición en Galicia do “no nos representan”. As diferencias organizativas, estruturais ou mesmo ideolóxicas acerca do xeito máis acaido da transformación ou rexeneración do sistema económico (sempre a prol dos intereses do 99%) non deben frustrar o primeiro paso necesario de acadar a confianza cidadá nunha nova clase política, que saiba renunciar a calquera privilexio, que esixa unha retribución na media dos cidadáns, que esixa así mesmo uns controis democráticos estritos e unha disciplina severa fronte as desviacións de poder.
Acadada a rexeneración, renovada a representación política, recuperada a confianza cidadá, será o momento de comezar o camiño da transformación do sistema social e económico, cara á garantía dun sistema de benestar que sen dúbida temos capacidade de manter cunha viraxe cara ao incremento da xustiza e a igualdade.
Os bois: a rexeneración democrática; o carro: a transformación do sistema económico e social.

miércoles, 11 de julio de 2012

Verdades e mentiras das condicións do rescate.

Hoxe presentanse en sociedade unha nova serie de medidas de atropello económico á cidadanía coa excusa de que veñen obrigadas desde Bruxelas. Porén, para coñecer a realidade cómpre visitar os medios que trasladan o contido do documento (ver o blog de Antonio Gregorio http://ribadeando.blogspot.com.es/2012/07/o-que-se-obriga-espana-e-dicir-nos-por.html ou o diario dixital huffingtonpost http://www.huffingtonpost.es/2012/07/10/la-ue-impone-32-condiciones-a-espana-a-cambio-del-rescate-banca_n_1662392.html?utm_hp_ref=spain).
Entón comprobamos que se ben o documento especifica unha lista de obxectivos, non concreta as medidas que se deben implementar para acadalos. Os obxectivos:
- Introducir un sistema impositivo coherente cos esforzos de consolidación fiscal (é dicir, subir os impostos).
- Crear unha autoridade independente co avalíe.
- Desenvolver as reformas do mercado de traballo que afonden a xa en vigor,
- Liberalizar os seitores profesionais moi regulados.
- Elimina-la burocracia.
- Acabar con el déficit de tarifa eléctrica.


Estes obxectivos pódense afrontar dun xeito ou doutro. Efectivamente, en ningún sitio fala do IVE nin do salario dos funcionarios. Fala de reducir o déficit, o que podería facerse subindo impostos ás rendas do capital, aos salarios máis elevados, o IVE dos artigos de luxo, ou mesmo con novos impostos ás centrais hidráulicas polo caudal turbinado nos ríos, eliminación das SICAV, reducción do fraude fiscal... (ou todas outras medidas tantas veces pedidas polos inspectores de facenda).
Fala de reducir o déficit tarifario, pero non de eliminar as axudas ás renovables paralizando un seitor de futuro e tecnolóxicamente punteiro. Podería facerse simplemente modificando o xeito de calcular o prezo pagado á xeración enerxética polo metodo das subastas, garantindo un "beneficio razoable" ás hidroeléctricas e nucleares construídas no seu día con cartos públicos, cuxos beneficios nestes anos (pagámoslles o mesmo que ás centráis de carbón ou gas, con custos moi inferiores) superan o monto total das axudas ás renovables.
En definitiva, os obxectivos poderían ser razoables e acadables, a cuestión é a quen vai o noso goberno a meter a man no peto. E semella que o nóso non ten o que hai que ter para sacar os cartos aos que os teñen, evitando afondar na crise. Cando se darán conta de que os consumidores e os traballadores somos os mesmos?

domingo, 8 de julio de 2012

Querer, poder y querer poder


Cuando hablamos sobre incrementar la participación de la ciudadanía en la vida política debemos tener claro que a día de hoy la voluntad de participar es muy minoritaria. Si miramos las encuestas del CIS, a la mayor parte de la ciudadanía la política les interesa poco o nada. Los porcentajes de estos ciudadanos varía entre los votantes de los distintos partidos, siendo máximos (entre el 60 y el 70%) entre los de los partidos mayoritarios, lo que no es de extrañar, pues de la misma manera muchos encuestados dicen que no les gusta el futbol pero son del Real Madrid o del Barsa. La gente elige entre lo por lo poco que conoce: lo que sale en la tele.
Los partidos mayoritarios no tienen excesivo interés en cambiar esta situación: no les interesa una ciudadanía informada, preocupada e interesada por la política, que podría llegar a conocer alternativas diferentes a las que copan nuestros telediarios. Son os minoritarios los que deben hacer ese esfuerzo.
Para interesar a la gente el ciudadano debe ver su participación como algo útil para sus intereses más directos: no será efectivo llamar a la participación en vano, es preciso articular y presentar a la ciudadanía el esquema a través del cual su participación se traducirá en mejoras directas en sus intereses: incremento de sus recursos, mejoras en su entorno, reducción de sus impuestos y tasas, mejora de la conciliación, más tiempo de descanso, oportunidades de trabajo para él y/o los suyos...
Será más sencillo abrir camino comenzando por lo local, por lo próximo, incorporando a la ciudadanía en decisiones concretas sobre la gestión de su entorno, para crear la conciencia de utilidad de la participación en la cosa pública. La apuesta por la implementación REAL de herramientas ya conocidas (presupuestos participativos, agenda XXI y otras) debe concretarse en el programa de la nueva fuerza transformadora. Y al tiempo, ir diseñando los mecanismos para posibilitar la participación de particulares y concellos en la toma de decisiones a nivel autonómico (Una primera propuesta: eliminar los actuales mecanismos de aplicación del “interés público” o “interés supramunicipal” como herramienta para pasar por encima de la voluntad vecinal para implantar proyectos empresariales de alto impacto social y ambiental).
En definitiva, la gente hoy no puede participar como quisiera ni quiere participar como le dejan. Hay que presentar a la ciudadanía mecanismos atractivos, eficaces y claros para que “quiera poder” participar. Sólo así podremos integrarla en un proyecto transformador. La gran pregunta es ¿cómo hacer que quiera? ¿qué propuestas le harían a usted apoyar a una nueva fuerza política?