miércoles, 11 de julio de 2012

Verdades e mentiras das condicións do rescate.

Hoxe presentanse en sociedade unha nova serie de medidas de atropello económico á cidadanía coa excusa de que veñen obrigadas desde Bruxelas. Porén, para coñecer a realidade cómpre visitar os medios que trasladan o contido do documento (ver o blog de Antonio Gregorio http://ribadeando.blogspot.com.es/2012/07/o-que-se-obriga-espana-e-dicir-nos-por.html ou o diario dixital huffingtonpost http://www.huffingtonpost.es/2012/07/10/la-ue-impone-32-condiciones-a-espana-a-cambio-del-rescate-banca_n_1662392.html?utm_hp_ref=spain).
Entón comprobamos que se ben o documento especifica unha lista de obxectivos, non concreta as medidas que se deben implementar para acadalos. Os obxectivos:
- Introducir un sistema impositivo coherente cos esforzos de consolidación fiscal (é dicir, subir os impostos).
- Crear unha autoridade independente co avalíe.
- Desenvolver as reformas do mercado de traballo que afonden a xa en vigor,
- Liberalizar os seitores profesionais moi regulados.
- Elimina-la burocracia.
- Acabar con el déficit de tarifa eléctrica.


Estes obxectivos pódense afrontar dun xeito ou doutro. Efectivamente, en ningún sitio fala do IVE nin do salario dos funcionarios. Fala de reducir o déficit, o que podería facerse subindo impostos ás rendas do capital, aos salarios máis elevados, o IVE dos artigos de luxo, ou mesmo con novos impostos ás centrais hidráulicas polo caudal turbinado nos ríos, eliminación das SICAV, reducción do fraude fiscal... (ou todas outras medidas tantas veces pedidas polos inspectores de facenda).
Fala de reducir o déficit tarifario, pero non de eliminar as axudas ás renovables paralizando un seitor de futuro e tecnolóxicamente punteiro. Podería facerse simplemente modificando o xeito de calcular o prezo pagado á xeración enerxética polo metodo das subastas, garantindo un "beneficio razoable" ás hidroeléctricas e nucleares construídas no seu día con cartos públicos, cuxos beneficios nestes anos (pagámoslles o mesmo que ás centráis de carbón ou gas, con custos moi inferiores) superan o monto total das axudas ás renovables.
En definitiva, os obxectivos poderían ser razoables e acadables, a cuestión é a quen vai o noso goberno a meter a man no peto. E semella que o nóso non ten o que hai que ter para sacar os cartos aos que os teñen, evitando afondar na crise. Cando se darán conta de que os consumidores e os traballadores somos os mesmos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario