Despois de tanto falar neste foro silencioso, atópome na tesitura
de comezar a traballar (ollo, sen cobrar! ;D) para mobilizar a esa
metade dos galegos que ao parecer non pensan ir votar.
O obxectivo de traballar para levar uns ou outros representantes
ao Parlamento galego penso que vale a pena. Hai moitas cousas que
cambiar na política galega, e aínda que isto é así desde fai
décadas, a experiencia da miña participación no movemento 15M
fíxome pensar que a política non vai cambiar mentres os cidadáns
non comecemos a participar directamente nela.
Tras colaborar na redacción do programa de Equo para as eleccións
nacionais de novembro pasado incorporeime a un novo proxecto político
verde de dimensión galega: Espazo Ecosocialista (Ecogaleguistas).
Desde el tratamos de introducir no debate e propostas políticas os
principios defendidos polo 15M: un novo xeito de facer política, un
novo tipo de políticos. No noso caso, cunha proposta de esquerdas, ecoloxista,
feminista e pacifista: o que se ten dado en chamar a nova esquerda.
Galega, xa que estamos na Galiza.
Desde este foro temos, a maiores de defender o noso ideario e
propostas, o obxectivo de artellar a cooperación activa e, co tempo,
a unidade da esquerda galega. Conscientes de que as nosas ideas son
defendidas por persoas que están desde o PSOE até o BNG, pasando
por ANOVA, CxG e EU, e por suposto os irmáns de EQUO, temos
traballado estes meses para acadar un proxecto conxunto, e
alternativo ao do PP, ou ao menos nunha coalición electoral.
Finalmente temos que darnos por satisfeitos, xa que ao menos a maioría das
forzas extra-parlamentarias que se din de esquerdas (excepto CxG)
imos confluír na coalición Alternativa Galega de Esquerdas. Desde
ela ofertamos moita esquerda, moita ecoloxía, moita sintonía cos
principios do 15M (democracia real, directa, fomento da participación
cidadá en todos os ámbitos...) A partitura é boa, e coido que
atractiva, próxima a tantos cidadáns que se mobilizaron estes
meses, alternativa ao que os partidos maioritarios veñen defendendo
en Galicia, en España e máis en Europa.
Outro mundo é posible, pero hai que ser quen de transmitilo, e que
a xente comparta esa idea e ese novo camiño. Agora cómpre ensaiar
moito, que os concertos saian ben e que a mensaxe chegue nítida á maior parte posible da cidadanía.
Aquí vengo dejando mis reflexiones desde enero de 2011, a veces en castellano -mi lengua materna-, e outras en galego -perdón polas fallas, que haberá e moitas- especialmente cando trate dos temas mais locais e nacionais galegos.
miércoles, 19 de septiembre de 2012
lunes, 10 de septiembre de 2012
Dúas novas opcións políticas en Galicia
Tras as turbulentas datas transcorridas
desde o anuncio de eleccións anticipadas en Galicia, os mares da
esquerda e do nacionalismo teñen agora que voltar á calma. A falla
de capacidade negociadora por case todas as bandas cara á
converxencia urxida pola lei electoral non debe agora completarse
cunha loita fratricida entre as dúas candidaturas.
É entendible, e polo tanto explicable, que a converxencia non foi posible porque as novas opcións políticas atópanse ideoloxicamente afastadas e non, como sucedía en tempos anteriores, por mero capricho dos seus dirixentes. Son proxectos
políticos que non
defenden as mesmas solucións,
porque non comparten o mesmo ideario político.
A actual difección de Compromiso por
Galicia defende de xeito maioritario o actual sistema económico
capitalista, propoñendo melloras á súa versión actual no eido da loita contra á
corrupción e o fraude, na defensa das Pemes fronte aos intereses das grandes
empresas e as trasnacionais, no modelo de partido aberto á
cidadanía... en definitiva, propostas similares ás que adoitan
facer, pero non cumprir, os partidos socialdemócratas e liberais.
A coalición Anova-EU non acredita no
sistema, e o seu obxectivo é a súa superación para achegarnos
progresivamente a outro tipo de sociedade rexida polos cidadáns,
cooperativa e igualitaria, de baixo consumo, ambientalmente sostible,
introducindo medidas innovadoras como o reparto do emprego existente,
a limitación dos salarios máximos e a suba dos mínimos, etc.
Ambas opcións defenden e comparten polo de agora á necesidade dunha nova forma de facer política, renovada, austera, achegada aos
cidadáns, aberta á participación, polo que é de esperar que
coincidan nos vindeiros tempos na defensa de medidas de hixiene
política, de eliminación de privilexios de clase, na liña do demandado polo movemento 15M.
Sería de interese que as dúas obtiveran presenza no
parlamento galego para que a cidadanía galega poida visualizar en
San Caetano as dúas versións da nova política, a renovadora e a
transformadora, alternativas aos partidos que hoxe nos gobernan.
Cómpre explicalo ben á cidadanía,
tratarse con respecto e dirixirse aos votantes como adultos, lonxe de
mesianismos, hipocresía e descalificacións. 45 de cada 100
electores están decepcionados co que hai e van na procura dunha
opción nova e atractiva. Sexamos que de explicalas. E non nos demos
entre nós, que xa nos van dar abondo desde fóra.
lunes, 3 de septiembre de 2012
Las culpas, a Europa
Es Europa la que nos obliga a tomar estas medidas impopulares, duras, que no querríamos tomar. Es la demanda europea de reducción del déficit a toda costa y su empecinamiento en no actuar contra la especulación que enriquece a los poderes financieros y empobrece a los ciudadanos. ¿Qué podemos hacer desde Galicia, desde Madrid, si no es aquí donde se toman las decisiones?
Parece mentira tener que escuchar estas cosas en las pretendidas democracias avanzadas de occidente, pero todos los días están en los medios de comunicación, difundidos por periodistas, políticos y tertulianos.
Como si las políticas europeas no fueran de derechas ni de izquierdas, como si las teorías económicas fueran inmutables, como si todos los países del mundo en todas las épocas de la historia hubieran salido así de sus crisis.
NO SEÑOR: las políticas europeas son las de la derecha europea, las que se vienen implementando con el beneplácito del partido popular español, que un día dice que no hay otro camino y al día siguiente dice que lo hace obligado. Y así nos lleva por el largo y tortuoso camino único que vio Zapatero en su iluminación de mayo de 2010 y que profundiza en deprimida espiral en el agujero donde estamos.
¿O es que escuchamos a nuestros políticos clamar en Europa, un día sí y otro también, por un cambio de modelo económico, por las tasas a las transacciones financieras, por el cierre de los paraísos fiscales, por el final del secreto bancario?
Señor Rajoy, señores tertulianos, señores periodistas: róbennos, pero no se rían en nuestra cara: es su modelo, el mundo según su derecha neoliberal.
El 99% estamos creando el nuestro. Al tiempo.

A Razón: PP, PSOE e BNG perden 1/3 dos votantes
Aínda non se presentaron as candidaturas e xa saíu a primeira enquisa electoral para as galegas do 21 de outubro. O PPSOE baixa 10 puntiños, o que non está mal, e a abstención sube outros 10 puntiños, iso debéramos loitar por mudalo.
Para dármonos conta da importancia da abstención, lembremos os resultados das pasadas eleccións:
- 35% de abstención, 65% de votos válidos.
- Dos votos válidos: 47% PP, 31% PSOE, 12% BNG, 1% UPyD, 1% IU, 2,5% outros.
É dicir, de cada 100 persoas abstivéronse 35 e votaron 65. Das que votaron, 30 votaron ao PP dándolle a maioría absoluta, 20 ao PSOE e 10 ao BNG. Cómpre salientar que as persoas que non votaron foron máis das que votaron ao PP (35 de cada 100 fronte a 30).
A enquisa publicada hoxe pola Razón augura que a abstención suba até un 45%, é dá a seguinte táboa de resultados:
- 40% PP, 28% PSOE, 11% BNG, 5% ANOVA, 4% EU, 4% UPyD, 3% CxG, 3% outros.
De acordo con esa enquisa, de 100 persoas non votan 45 e si o fan 55. Desas 55, o 40%, unhas 19, votarían ao PP (deixándoo ao borde da maioría absoluta de novo!), 13 ao PSOE e 6 ao BNG.
Comparando cos resultados de fai catro anos, vemos que se fai catro anos 60 de cada 100 galegos votaron ao PP, ao PSOE ou ao BNG (30, 20 e 10, respectivamente), nesta enquisa augúrase que só o farán 38 (19 PP, 13 PSOE e 6 BNG).
Que tanto o PP como o PSOE e o BNG perden, aproximadamente, o 30% dos seus votantes indica que o cansazo coa actual clase política galega semellaría afectar a todos os grupos con presencia institucional por igual.
Porén, cómpre lembrar aos desafectos que hai outras opcións con posibilidades reais de entrar no parlamento galego. E tamén lembrarlles que coa combinación deses 19 apoios de cada 100 galegos ao PP, se hai unha grande abstención, podería darse a renovación da maioría absoluta popular no parlamento galego (si, coas bandeirolas na rúa Xénova de Madrid, celebrando que a maioría social galega apoia as políticas do PP.)
Aínda hai tempo para que todos os protagonistas, candidatos, partidos e votantes, pensen con tempo o que queren para o 22 de outubro. Preto da metade dos galegos non pensan ir votar, quen vai pelexar por sacalos da casa?

domingo, 2 de septiembre de 2012
O clarificador adianto electoral
A decisión, interesada ou forzada, de Feijoo, de adiantar as eleccións galegas ao 21 de outubro, coa consecuente obriga de presentar no prazo de sete días as posibles coalicións electorais, vai ser a proba do nove da sinceridade das boas intencións manifestadas polas diferentes forzas políticas do país.
Os partidos tradicionais, PP, PSOE e BNG, xa sabemos que van coma sempre; porén están enriba da mesa ofertas de EU e ANova para a converxencia das esquerdas (xa rexeitada polo BNG e Compromiso por Galicia por "anticapitalista") e a proposta de CxG a ANova dunha coalición "xenuinamente galega" (excluíndo polo tanto a forzas como EU ou Equo).
Nun contexto de emerxencia social no que as forzas políticas que se din alternativas e renovadoras deben poñerse no lado do 99%, superando as diferencias ideolóxicas de fondo para artellar un proxecto alternativo que abra a porta ao cambio da cultura política imperante, semella fóra de lugar poñer atrancos aos acordos cos poucos que están dispostos a escoitar o clamor pola unidade da cidadanía.
Nestes intres, a actitude que semella ter ANova é sen dúbida a que goza do meu maior aprecio: pacto sobre un programa radicalmente democrático, participativo, sustentable, na defensa dos servizos públicos e da maioría social, con todo aquel que queira subscribilo. Aí coido que hai que estar, con eles, con EU se cadra, con Equo se quere, e con outras forzas pequenas que queiran sumar os seus pequenos porcentaxes de votos comprometidos e de cualidade polo cambio do modelo.
Temos un par de días para saír de dúbidas e saber definitivamente quen é cada cal.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)