miércoles, 19 de septiembre de 2012

Vou nas listas

Despois de tanto falar neste foro silencioso, atópome na tesitura de comezar a traballar (ollo, sen cobrar! ;D) para mobilizar a esa metade dos galegos que ao parecer non pensan ir votar.
O obxectivo de traballar para levar uns ou outros representantes ao Parlamento galego penso que vale a pena. Hai moitas cousas que cambiar na política galega, e aínda que isto é así desde fai décadas, a experiencia da miña participación no movemento 15M fíxome pensar que a política non vai cambiar mentres os cidadáns non comecemos a participar directamente nela.
Tras colaborar na redacción do programa de Equo para as eleccións nacionais de novembro pasado incorporeime a un novo proxecto político verde de dimensión galega: Espazo Ecosocialista (Ecogaleguistas). Desde el tratamos de introducir no debate e propostas políticas os principios defendidos polo 15M: un novo xeito de facer política, un novo tipo de políticos. No noso caso, cunha proposta de esquerdas, ecoloxista, feminista e pacifista: o que se ten dado en chamar a nova esquerda. Galega, xa que estamos na Galiza.
Desde este foro temos, a maiores de defender o noso ideario e propostas, o obxectivo de artellar a cooperación activa e, co tempo, a unidade da esquerda galega. Conscientes de que as nosas ideas son defendidas por persoas que están desde o PSOE até o BNG, pasando por ANOVA, CxG e EU, e por suposto os irmáns de EQUO, temos traballado estes meses para acadar un proxecto conxunto, e alternativo ao do PP, ou ao menos nunha coalición electoral.
Finalmente temos que darnos por satisfeitos, xa que ao menos a maioría das forzas extra-parlamentarias que se din de esquerdas (excepto CxG) imos confluír na coalición Alternativa Galega de Esquerdas. Desde ela ofertamos moita esquerda, moita ecoloxía, moita sintonía cos principios do 15M (democracia real, directa, fomento da participación cidadá en todos os ámbitos...) A partitura é boa, e coido que atractiva, próxima a tantos cidadáns que se mobilizaron estes meses, alternativa ao que os partidos maioritarios veñen defendendo en Galicia, en España e máis en Europa.
Outro mundo é posible, pero hai que ser quen de transmitilo, e que a xente comparta esa idea e ese novo camiño. Agora cómpre ensaiar moito, que os concertos saian ben e que a mensaxe chegue nítida á maior parte posible da cidadanía.

6 comentarios:

  1. Silencioso non quere dicir solitario ;)

    ResponderEliminar
  2. Que podas cambiar a política sen que ela te cambie a ti ...

    ResponderEliminar
  3. ¿Por qué de dimensión gallega?
    http://www.filosofia.org/gru/sym/syms005.htm

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hola Javi. Que es de dimensión gallega es evidente, porque trata de abarcar el territorio de Galicia, aunque sin ninguna resistencia a establecer contactos con otras fuerzas de comunidades vecinas. Si la pregunta es ¿por qué EEG es de dimensión gallega? La respuesta es que si no lo fuera, sería Equo, y quien lo impulsó decidió que prefería limitarse a la dimensión gallega, supongo que por tener una capacidad total de independencia y decisión, buscando la extensión a posteriori, en los acuerdos con fuerzas de otros territorios con objetivos similares.
      Si la pregunta es ¿Por qué tú, Iván, decides incorporarte a una fuerza de dimensión gallega? La respuesta es que durante el año 2012 estuve afiliado tanto a Equo como a Espazo Ecosocialista Galego, y que finalmente opté por EEG porque encontré en mi entorno más gente de EEG que de Equo con quien hacer grupo y empezar a trabajar.

      Eliminar
    2. Gracias por tu respuesta precisa y suerte en tu nuevo proyecto.

      Eliminar
  4. Gracias a ti por obligarme a reflexionar! Y con eso, a matizar mejor mis opiniones. En este caso (como en tantos otros! ;D) me obligas a hacer una rectificación parcial: además de la "dimensión galega", lo cierto es que no me consta el carácter ecosocialista de EQUO. Creo que la mayoría de sus militantes asumen nuestros postulados, pero en la organización hay también quien opina que se puede ir a una economía sostenible sin transformar radicalmente las estructuras y el modelo social, es decir, que puede existir el capitalismo verde.

    ResponderEliminar