Cada vez que sae un artigo, un folleto ou un discurso coas propostas do novo proxecto común da esquerda galega aparecen comentarios de xente do Bloque dicindo que iso é o mesmo que propoñen eles. Falando con algúns dos seus votantes, que pasaron polas asembleas do proxecto, aparece sempre a mesma pregunta: ¿que diferencia hai entre eles? ¿por que debera deixar de botar ao Bloque e comezar a votar á nova forza? Coido que a clave do éxito do noso proxecto está en dar unha resposta correcta e clara a esa pregunta.
Efectivamente, o programa que estamos a desenvolver pode ser subscrito por xente que a día de hoxe considérase votante dun partido tradicional, máis ou menos minoritario, dende o PSOE a EU, dende o BNG a EQUO. Sorprendeume como participante na súa elaboración desde Ecogaleguistas que non resulta complicado facelo, porque en realidade o problema da división do voto de esquerda son os nomes e as etiquetas máis cas propostas.
Respondendo á pregunta dos meus amigos bloqueiros, cambia-lo voto desde as forzas tradicionais ao novo proxecto é necesario precisamente para xunta-lo voto e posibilita-lo cambio real nas nosas institucións. Ese é o obxecto do novo proxecto, que integra as ideas tradicionais de solidariedade social e mantemento dos servizos públicos de benestar coas novas propostas de solidariedade interxeneracional e sustentabilidade ambiental.
¿Que diferenza hai co BNG? probablemente a máis relevante sexa que aínda que moitos dos iniciadores do proxecto síntanse nacionalistas, é xente que comprende que para acadar a maioría social é preciso traballar xuntos coa xente non nacionalista. ¿Que diferencia hai coa EU? precisamente a contraria: aínda que boa parte dos iniciadores non se sinta nacionalista, está disposta a traballar xunto con eles para sumar esforzos. ¿Está o BNG disposto a ir nunha coalición electoral con EU e con EQUO,
que defenden ao 90% as mesmas propostas? ¿están esas forzas dispostas a
ir tamén? Se así fora, é obvio que este proxecto non tería nacido.
Non é polo tanto unha cuestión de programa senón de actitude e prioridades. A actitude é colaboradora e non excluínte, a prioridade é gobernar para muda-lo sistema antes que defende-la pureza ideolóxica de cada grupo. Sen medo a compartir ideas, dispostos ao debate e ao crecemento persoal desde unha actitude aberta, creativa e positiva. Non vemos razoable poñer a pureza ideolóxica ao 100% por diante da eficacia electoral e despois gobernar da man co PSOE, un partido cuxos dirixentes amósanse comodamente integrados no inxusto sistema vixente.
O novo proxecto trata de facelo á inversa, comezar xuntando o voto da esquerda social, maioritaria, para poder acadar o goberno como forza principal, e así poder impulsar propostas novas, diferentes e transformadoras, cun modelo de xestión participativo e transparente. Esa é a diferenza: a vontade prioritaria de sumar forzas sobre un programa común da esquerda galega, sen etiquetas, sen preguntar "e logo ti, de quen ves sendo?". A todo aquel que queira sumar, propoñer, axudar... as portas están abertas.
Aquí vengo dejando mis reflexiones desde enero de 2011, a veces en castellano -mi lengua materna-, e outras en galego -perdón polas fallas, que haberá e moitas- especialmente cando trate dos temas mais locais e nacionais galegos.
lunes, 7 de mayo de 2012
sábado, 21 de abril de 2012
Paraiso envelenado?
Comezas a falar da perigosidade de
botar insecticida polo ar, sen saber onde vai caer e sobre quen,
sobre as herbas que comen as vacas, sobre o chan do que nacen as
traídas, sobre os regos que morren nas rías, sobre as hortas das
que comemos.
Entón alguén fala de que non hai case
algas na costa, e outro di que apareceron milleiros de sepias mortas
polas praias.
Outro di que Alcoa píntache o coche
gratis despois de cada fuga, porque saben que a
deposición do escape é capaz de estragar a pintura dos coches ¿que
fará nos nosos pulmóns, na nosa pel?
Outra compañeira comenta que no
instituto de Navia hai un protocolo na educación física específico
para nenos asmáticos pola grande cantidade deles que hai, preto dun 30%.
Un que traballa en Jarrio di que ao
parecer, a prevalencia de enfermidades como cancros e leucemias
alcanzan na nosa comarca niveis moi por enriba do normal.
Quedo abraiado e pregúntome se non haberá por alí un
periodista curioso, que sexa quen de investigar, de facer algunhas
visitas e chamadas, de tirar do fío e consultar os estudos
existentes, ou no seu caso de preguntar ás autoridades porqué non hai estudos
sobre todo isto.
lunes, 16 de abril de 2012
Sulfatando gratis aos veciños
O pasado 22 de setembro do 2011 o Presidente da UE asinaba o Reglamento de Execución nº 942/2011 polo que se establece a non aprovación da substancia activa Flufenoxurón, de conformidade co Regulamento relativo á comercialización de produtos fitosanitarios.
A denegación desa aprovación débese a que as avaliaciones realizadas polos científicos revelaron un alto potencial de bioacumulación, un elevado risco para os organismos acuáticos, e non puideron desbotar a súa perigosidade para a saúde.
O parágrafo nº 7 do devandito regulamento di “Durante a evaluación da substancia activa detectáronse problemas. En particular, os que figuran a continuación. Non se puido finalizar a evaluación do risco para os consumidores porque a exposición dos consumidores no puido avaliarse dun xeito fiable, en particular no que respecta á magnitude e á relevancia toxicolóxica de diversos metabolitos. Ademais, o flufenoxurón ten un alto potencial de bioacumulación na cadea alimentaria. Pola outra banda, detectouse un elevado risco para os organismos acuáticos. ”
Consecuentemente, o Regulamento dispón no seu artigo 2 “Os Estados membros velarán porque as autorizacións de produtos fitosanitarios que contengan flufenoxurón sexan retiradas a máis tardar o 31 de decembro de 2011.”
Poren, é certo que no seu artigo 3 o mesmo regulamento dispón que “Todo período de graza concedido polos Estados membros de conformidade co disposto no artigo 46 do Regulamento (CE) no 1107/2009 será o máis breve posible e expirará, ó máis tardar, o 31 de decembro de 2012.” É dicir, a propia UE recomenda retiralo canto antes, pero abre a porta a prolongar por un ano o emprego do produto, para darlle saída ao que teñamos almacenado.
Curioso porque se imos velo devandito artigo 46 do regulamento nº 1107/2009 di o seguinte:
“Cando un Estado membro retire ou modifique unha autorización ou non a renove, poderá conceder un período de graza para a eliminación, almaceamiento, comercialización e utilización das existencias. Cando as razóns da retirada, modificación ou non renovación da autorización non estéan relacionadas coa proteción da saúde humana ou animal ou do medio ambiente, o período de graza estará limitado e non superará seis meses para a venda e a distribución e un ano adicional como máximo para a eliminación, almaceaxe e uso das existencias dispoñibles dos produtos fitosanitarios afectados. ”
Como pode observarse o que di este artigo é que da un ano se non hai risco para o medio ambiente on para a saúde das persoas, pero non din nada do prazo se SI hai risco para as persoas ou o medio ambiente. Dada esa omisión, a lóxica fai pensar que nese caso non debe haber prazo que valga: non se pode envelenar á xente e o medio para aproveitar os restos que temos no almacén.
Pois ben, estes días enterámonos por vías indiretas e por indiscrecións dalgúns políticos que “alguén” está a financiar en diferentes concellos de Galicia a aplicación, pola técnica da pulverización aérea, dun insecticida a base de Flufenoxuron, sobre os montes e do noso rural.
A cousa é moi grave, porque a maiores de ser un produto prohibido na UE, a aplicación de fitosanitarios mediante pulverización aérea, para a que algúns estudos estiman que máis dun 30% do aplicado se deposita fóra dos montes, ten sido relacionada con enfermidades graves dos veciños como a sensibilidade química múltiple. De feito, a Directiva 2009/128/CE establece no seu artigo 9 a prohibición da pulverización aérea dos fitosanitarios. Esta Directiva tiña que ser trasposta á nosa lexislación ao más tardar o 14 de decembro do 2011, pero aínda non se fixo.
O que sabemos polo momento é que a alcaldesa de Melide ditou un bando chamando aos veciños a apuntarse para fumigar de xeito gratuíto os seus montes, e que unha empresa de Valladolid fai o mesmo no noso concello chamando ás Comunidades de Montes ofertándolles fumigacións gratuíta.
¿Fumigación ilegal cun produto ilegal, para aproveitar os saldos da fin da tempada?¿E ese o valor da nosa saúde? ¿Quén paga isto e por qué non o dí? ¿Sabe que é perigoso e ilegal? ¿Por qué non comunican os riscos aos veciños? ¿Van poñer anuncios avisando ou poden sulfatarnos cando vaiamos pasear polo monte? ¿Sábeo oa Consellería de Medio Rural? ¿Está a investigalo?
Moitas preguntas sen resposta, esperemos que políticos e periodistas estean a face-lo seu traballo, descubran aos implicados e traballen para erradicar definitivamente estes tratamentos.
domingo, 15 de abril de 2012
Do financiamento local
Caeu nas miñas mans (virtuais) un documento da FEMP, Federación de Municipios e Provincias sobre o financiamento local ("La situación de los ayuntamientos en España"), longo e interesante, algo antigo pero moi recomendable para todos os que adoitamos a opinar sobre estas cousas.
Falabamos noutra entrada dos escasos impostos que recada o noso goberno con respecto a outros países do noso contorno, e a súa incidencia na reducida importancia da cantidade de traballadores do sector público.
Pois ben á vista dese documento, tal situación vese acentuada lo eido local, debido a que deses impostos menores, a distribución dos mesmos entre as diferentes administracións, comparada coa da media dos nosos veciños da UE-15 resulta moi prexudicial para os concellos do noso pais. Tan é así que se adaptaramos para nós o que se fai na media dos países europeos, o financiamento local veríase incrementado nun 40%, co que a maior parte dos problemas financeiros dos concellos desaparecerían.
Aínda así, debido como dicía ao inicio á escaseza do monto global do recadado, en termos netos ou comparados co noso PIB seguiríamos a estar na parte baixa da táboa en inversión por habitante, pero a situación actual é que aqueles que poden decidir sobre os impostos máis xustos, os que gravan aos cidadáns conforme á súa riqueza, fican coa maior parte do recadado, deixando aos concellos cunha porción a todas luces insuficiente do pastel.
A cousa é aínda peor, porque a base sobre a que se calcula a parte máis importante dos impostos municipais, o IBI, é un catastro que está nas mans da administración central, que por non sacar proveito dela non adica tampouco os recursos humanos e materiais precisos ao seu mantemento e actualización, pasando lustros entre as diferentes revisións, coa conseguinte perda de recursos para os concellos, que recadan sobre avaliacións moi por embaixo do valor real dos inmobles.
Tampouco axuda a administración autonómica, que nin cubre na súa totalidade os servizos da súa competencia nin transfire unha parte dos seus fundos aos concellos de xeito previsible. A política de subvencións sen xeito (hoxe desaparecida pola crise) impide aos concellos programar as súas prioridades, véndose na obriga de ou ben renunciar a elas, ou gasta-los cartos en cousas que non son as máis axeitadas na súa situación particular.
En definitiva, cara ás próximas eleccións autonómicas (quen sabe cando) convén mirar aos programas facendo fincapé na cuestión do compromiso dos partidos cun financiamento local suficiente e previsible para que a administración local poida atender axeitadamente á súa veciñanza.
Como niños chicos
A veces son así: primero piden una bolsa de chuches y luego lloran porque les duele la barriga.
De igual manera, los mercados nos obligan a renunciar a crear empleo para priorizar el pago de la deuda y luego nos castigan por el grave riesgo de que con tanto paro no seamos capaces de pagarles el año que viene.
La culpa es de los padres, que los malcrían.
miércoles, 28 de marzo de 2012
Por las 21 horas semanales
La revista "Ecopolítica" se hace eco de un estudio de la británica New Economics Foundation acerca de la jornada laboral en un mundo sostenible (ya sé que todos odiamos la palabra sostenible, pero resulta ridículo dar rodeos para evitar un concepto que todos comprendemos). Al parecer, 21 horas son el resultado de repartir las horas trabajadas al año por los empleados en el Reino Unido entre la población británica en edad de trabajar. Según dicen, el cálculo es similar en todos los países de nuestro entorno.
Su propuesta consiste en trabajar todos, pero menos horas que las dedicadas a ello por quienes tenemos la suerte de contar con un empleo. Quienes estamos en esa situación podemos pensar que 21 horas son muy poco, y que si el salario es proporcional, con ese sueldo no se puede vivir. Sin embargo, dos personas por hogar con medio salario supone un sueldo por hogar, que era lo normal en tiempos de nuestros padres. La cuestión tiene sus ventajas:
1. Al desaparecer el desempleo, esos recursos podrían destinarse a garantizar unos servicios sociales más completos. Además, es de suponer que los salarios subirían, al obtener el trabajador más poder de negociación frente al empleador.
2. Con más tiempo libre, muchos gastos en que incurrimos por falta de tiempo, como la comida precocinada, el cuidado infantil o de nuestros mayores, las tareas de limpieza en el hogar, o el uso del vehículo privado, podrían reducirse en gran medida.
3. Nuestra calidad de vida sin duda mejoraría, el tiempo a pasar con nuestros hijos, con nuestros padres, con nuestros amigos... Podríamos dedicar tiempo a nuestras aficiones, al voluntariado social y ambiental, a la participación política...
4. Los beneficios para la salud de recuperar una comida casera basada en los productos más baratos, los de temporada, a la reducción del estrés y a contar con la compañía y el apoyo de amigos y familiares serían indudables.
5. Quienes más tenemos aprenderíamos a vivir con menos, y no podríamos ahorrar cantidades para invertir en fondos que traficaran despúes con recursos, armas o deuda pública contra nuestros propios intereses.
6. La reducción del consumo a cotas más cercanas a lo realmente necesario reduciría las emisiones de CO2, la producción de residuos, los vertidos contaminantes, la sobreexplotación de agua y recursos naturales...
7. Se crearía así una sociedad más igualitaria, que de acuerdo con todos los estudios es la base de la felicidad: superado el umbral de lo imprescindible son las diferencias y no las carencias lo que nos hace infelices.
En resumen, el rumbo hacia el único mundo vivible es exactamente el contrario al que hoy llevamos. Un mundo que lamentablemente no hace más millonario a ninguno de quienes hoy rigen nuestros destinos, por lo que el viraje se retrasa sine die, sin aparecer siquiera en el debate político y mediático.
Afortunadamente el barco se irá a pique sin remedio, más bien pronto que tarde.

imos á folga?
As folgas xerais non se convocan por causas particulares dunha empresa, senón para amosar o rexeitamento do conxunto dos traballadores e a cidadanía ás políticas laborais ou económicas dun goberno. Por iso, cando desde a CEOE se di que a folga convocada para o vindeiro día 29 de marzo é unha folga política, desde a Asemblea da Mariña-Occidente estamos de acordo: é unha folga contra a política laboral do actual goberno.
O que sucede é que o movemento 15M non se asusta da verba “política”, dado que precisamente a nosa intención é a de non deixar a política nas mans dos profesionais da política. Levamos xa máis de dez meses pedindo aos políticos transparencia e aos cidadás participación, e nesta ocasión non vai ser diferente. Os nosos movementos non dependen de quén convoca ou quén asiste a un acto. Unha cidadanía maior de idade pode avaliar cada situación e posicionarse fronte a ela cun discurso propio, coincidindo ás veces con uns e outras con outros, sen tutelas nin coacións dos diferentes actores.
Hoxe nos enfrontamos á reforma laboral presentada polo goberno. A súa proposta baséase na filosofía de que facilitar a xestión das empresas polos seus propietarios á súa vontade facilitará a creación de emprego, non dubidando para iso en eliminar os dereitos dos traballadores, permitindo que se unha empresa gaña menos que antes (hoxe, todas) ou simplemente pensa que vai pasar, poida despedir barato aos seus traballadores, ou baixarlles o salario unilateralmente; cas empresas poidan mover á xente onde e cando queiran, poidindo despedir barato a quen non estea disposto, que se poidan contratar xoves por un ano con despido libre ou que os incrementos salariais acordados polos sindicatos e a patronal poidan en caso de necesidade deixar de aplicarse nunha empresa en dificultades. Unha tras outra, medidas que facilitan o despedimento e a rebaixa dos dereitos e favorecen ao empregador.
Din que con esta reforma trátase de crear emprego, pero despois din que este non vai crearse até que medre a economía. É dicir, que non vai crear emprego, que o emprego o xenera o crecemento, o mesmo que cando se creou emprego fai oito anos, coa anterior lexislación laboral.
Tamén din que se trata de que nunha futura crise non se despida aos traballadores, senón que se poidan repartir empregos e salarios dentro da empresa, pero iso foi precisamente o que acordaron en xaneiro empresarios e sindicatos, sen necesidade de abaratar o despedimento, antes de aproba-la reforma.
Os máis deles pensan ca reforma vai axudar aos empresarios a competir con produtos máis baratos no mercado internacional, pero non falan do que vai supoñer a baixada dos salarios para os pequenos comercios e empresas que venden os seus produtos e servizos no mercado local.
Desde a Asemblea Cidadá denunciamos que:
1. A reforma laboral vai supoñer unha baixada xeralizada dos salarios, e así unha merma da nosa capacidade adquisitiva, polo que as empresas que venden os seus produtos na nosa comarca verán baixar as vendas, o que vai reducir á súa carga de traballo e incrementa-lo noso desemprego.
2. A estratexia da rebaixa salarial para competir no mercado europeo (o noso mercado) non pode triunfar se vai ser a mesma en tódolos países da UE, indo quedar simplemente na destrución do sistema europeo de benestar.
3. En definitiva, apoiar esta reforma é optar por un sistema económico global no que os traballadores vivan cada vez peor, para que a riqueza siga a acumularse nas mans do 0,1% da poboación, dos banqueiros, dos executivos das grandes multinacionais e dos líderes dos grandes partidos políticos que lles serven de coartada.
Por iso desde aquí queremos chamar a tódolos cidadás á participar na folga, pero non quedándose na casa, senón deixándose ver nos diferentes actos que se propoñan o vindeiro xoves 29, para facer patente o noso desacordo coa reforma. Para que non digan que non fumos traballar porque os piquetes nolo impidiron. Chamamos tamén ás mulleres e homes que traballan na casa, cuxo
esforzo parece que non existe por non ter un salario, para que rexeiten unha reforma que vai a obrigalos a traballar tamén fóra da casa pola baixada dos salarios. Chamamos aos parados, para que levanten á súa voz contra unha reforma que vai condealos a traballar gratis para a adminisitración se non aceptan rotar en traballos precarios “se é preciso en Laponia”.
Chamamos a quen ten emprego e ao quen non o ten para que loiten xuntos, porque a unión fai a forza, e hai que parar esta estratexia de enfrontarnos uns cos outros que só pretende que non vaiamos na procura dos auténticos culpables nin das verdadeiras solucións.
Contra unha reforma política, unha folga política. Por suposto: os cidadás facendo política, de xeito transparente e sen intermediarios.
Porque as cousas importantes é mellor facelas un mesmo.
Invitamos a todo mundo a acudir o xoves 29 ás 12 da mañá diante do Concello de Ribadeo.
Asemblea Cidadá da Mariña-Occidente

viernes, 23 de marzo de 2012
De investimentos e despilfarros
Leo nunha esquiniña da portada da Voz a Pedro Arrojo lembrar que non fan falta máis encoros para loitar contra a escaseza de auga: "é como repartirlles moedeiros aos pobres".
E é unha boa nova, dado que a construción dos encoros, a maiores de supoñer un enorme custo ambiental, ten tamén un enorme custo económico. A estratexia de construír novos encoros suporía secar os ríos tamén nos períodos húmidos para termos auga para os períodos secos.
Defende pola súa experiencia o aforro da enorme cantidade de auga que xa estamos a extraer dos leitos, no fogar, (por exemplo xeneralizando o emprego dos dispositivos de aforro que moita xente nin sequera coñece que existan (nun país coma o noso!!), amañando as redes de distribución ou mesmo reducindo o regadío, xa a nivel do Estado.
É unha boa nova, repito, para o noso peto, pois o aforro é moito máis económico de implantar e funciona de xeito permanente, non só nas secas.
A mala nova é que na mesma portada o titular principal lembra que as obras do Plan E nas que se "investiron" 32 millóns de euros atópanse estragadas ou abandonadas. Volvemos así á realidade do noso país: que algo non sexa necesario non implica que non vaiamos a meter niso os cartos. AVEs baleiros, aeroportos baleiros, casas baleiras, ¿encoros baleiros?

jueves, 15 de marzo de 2012
Divide y vencerás
Allá en las alturas, sobre la mesa, presidentes de bancos, multinacionales, fondos de inversión y líderes de partidos afines se reparten civilizadamente el pan que hacemos entre todos.
Entre sus pies, bajo la mesa, funcionarios echan contra los pequeños empresarios, empresarios contra empleados, empleados contra políticos de a pie, políticos contra funcionarios, y parados contra todos ellos, luchando entre sí para atrapar las migas que aquéllos dejan caer.
Como gallinas bajo la mesa, en lugar de empezar a comerles las piernas, peleamos por las migajas los miserables.

domingo, 26 de febrero de 2012
Do Espazo Ecogaleguista
Cada un de nós temos a nosa ideoloxía, produto das nosas vivencias, amizades e lecturas, dos nosos antecedentes familiares e as nosas reflexións. As veces atopamos outra xente que pensa dun xeito similar e xuntámonos para compartir inquedanzas e deseñar iniciativas que melloren a nosa calidade de vida ou resolvan problemas no contorno veciñal e local.
Porén, a participación veciñal de base atopa límites nas súas competencias cando as decisións pasan a estar nas mans dos representantes políticos. A democracia representativa outorga aos partidos políticos un papel dominante na xestión do común, polo que para poder participar nas decisións máis transcendentes hai que formar parte dun deses partidos: cantos máis cidadáns se integren nun partido, maior capacidade de decisión. Pola outra banda, ao crecer o número de participantes, multiplícanse as posibilidades de que aparezan no seu seo sensibilidades diferentes, polo que os partidos máis grandes adoitan estar integrados por “correntes”, grupos de persoas cunha liña de opinión que amosa diferencias significativas cos outros integrantes.
O feito de permanecer xuntas diferentes correntes dentro dun mesmo partido ten unha explicación electoral: no noso sistema a unión fai a maioría. O mérito do Partido Popular na actualidade é o convencemento de todas as sensibilidades da dereita de que só xuntas teñen opcións de goberno, integrando na mesma lista candidatos centristas, ultracatólicos e neocons. A nebulosidade do seu último programa electoral ben podería reflectir a imposibilidade de consensuar propostas concretas aceptables simultaneamente pola base social de todas as sensibilidades.
A esquerda non ten chegado a desenvolver ese espírito pragmático, e prefire a escisión das diferentes sensibilidades, orgullosos da homoxeneidade ideolóxica de cada partido a costa da perda de influenza na vida política. Porén, se o obxecto da militancia nun partido político non é o debate entre amigos, senón a capacidade de influír nas decisións que afectan á vida dos nosos concidadáns, a incapacidade de xuntarse e definir un programa común para os vindeiros catro anos non debe aplaudirse senón denunciarse.
Os galegos de esquerda debemos esixir aos partidos que apoiamos o acordo dunhas liñas programáticas comúns e alternativas ás propostas da dereita, e a converxencia nas próximas eleccións nunha candidatura roxa e verde (porque ningunha delas pode existir sen a outra no longo prazo), na que o importante non sexan as persoas, senón a defensa dese programa alternativo. O recentemente creado Espazo Ecogaleguista ben podería ser ese foro de converxencia, o polo desde o que se deseñara o programa e se artellaran as coalicións, coas propostas de todos, con vistas á participación electoral.
Non se trata de asinar un compromiso de por vida, non fai falta casarse. Simplemente, se eu vou cara a Suecia e ti a Moscú, ben podemos saír a camiñar xuntos. Quen sabe se falando polo camiño acabemos decidindo irmos os dous até Islandia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)