Leo nunha esquiniña da portada da Voz a Pedro Arrojo lembrar que non fan falta máis encoros para loitar contra a escaseza de auga: "é como repartirlles moedeiros aos pobres".
E é unha boa nova, dado que a construción dos encoros, a maiores de supoñer un enorme custo ambiental, ten tamén un enorme custo económico. A estratexia de construír novos encoros suporía secar os ríos tamén nos períodos húmidos para termos auga para os períodos secos.
Defende pola súa experiencia o aforro da enorme cantidade de auga que xa estamos a extraer dos leitos, no fogar, (por exemplo xeneralizando o emprego dos dispositivos de aforro que moita xente nin sequera coñece que existan (nun país coma o noso!!), amañando as redes de distribución ou mesmo reducindo o regadío, xa a nivel do Estado.
É unha boa nova, repito, para o noso peto, pois o aforro é moito máis económico de implantar e funciona de xeito permanente, non só nas secas.
A mala nova é que na mesma portada o titular principal lembra que as obras do Plan E nas que se "investiron" 32 millóns de euros atópanse estragadas ou abandonadas. Volvemos así á realidade do noso país: que algo non sexa necesario non implica que non vaiamos a meter niso os cartos. AVEs baleiros, aeroportos baleiros, casas baleiras, ¿encoros baleiros?
No hay comentarios:
Publicar un comentario