sábado, 13 de julio de 2013

La mentira en la política


Exigimos que nuestros representantes nos digan la verdad, a sabiendas de que muchas veces la verdad los inhabilita como representantes nuestros.
Nos sorprende que nuestro presidente no quiera dar explicaciones sobre los sobresueldos ilegales que su tesorero dice que cobró mientras era ministro, pero ¿qué explicaciones podría dar salvo negarlo todo? Cualquier otro testimonio al respecto debería comenzar con su dimisión. Y Rajoy no puede dimitir, porque no es él quien decide y todavía tiene trabajo que hacer.
Yendo más allá, todo lo que hemos aprendido en estos dos años, desde el 15 de mayo de 2010, nos ha permitido ver claramente que los partidos que nos han gobernado desde la transición defienden los intereses del gran capital, y no los nuestros. Los de las grandes empresas, y no los de las Pymes o de los autónomos, los del 1%, al fin, y no los del 99.
Siendo así, sabiéndolo como lo sabemos hoy, ¿cómo, si no a base de mentiras, habrían conseguido convencernos para que los votáramos mayoritariamente? ¿No es todo ese discurso ininteligible del que tantos chistes hemos hecho, esa verborrea insustancial musicalmente denunciada por Serrat o Les Luthiers, la evidencia de la mentira que nos gobierna? ¿Quién de nosotros aceptaría sin rechistar una explicación tipo Cospedal, Rajoy o Floriano de su jefe, de un amigo, de su pareja, de su empleado, de su hijo?
Nos mienten (y lo sabemos) porque defienden intereses que no son los nuestros. ¿Cómo van a decirnos la verdad? ¿Esperamos de verdad que nos digan “le voy a subir la luz porque una gran empresa que nos paga las campañas electorales tiene que recuperar su dinero”? ¿”Voy a hacer el AVE porque un 4% del presupuesto va para mi bolsillo”? ¿”Bajamos la jubilación porque la gente no se anima a contratar planes de pensiones privados”?
Así, los grandes partidos viven instalados permanentemente en un discurso manipulador y mentiroso, porque la verdad es casi siempre inconfesable, ya que casi cada una de sus decisiones responde a intereses propios, partidistas o personales.
Dicen que el sentido común es el menos común de los sentidos. De igual manera, se ve que el tantas veces invocado interés general es -en boca de los políticos- casi siempre interés privado, y en ocasiones, un interés muy particular. La pregunta es, ahora que lo sabemos, si vamos a mover un dedo para cambiar las cosas, dar un paso adelante, implicarnos, y crear opciones alternativas.

viernes, 12 de julio de 2013

As Catedrais, Parque Natural ou Plan Especial?


Veño escoitando desde fai anos as queixas dos nosos mandatarios locais sobre a falla de atención e coidado que as administracións autonómica e central están a dar á praia das Catedrais. A novidade é que (son xa varios artigos sobre o mesmo tema), a solución está en que As Catedrais -as praias de Augas Santas e Carricelas- sexan nomeadas Parque Natural.

O certo é que a nosa máis famosa praia ten xa abondos recoñecementos: forma parte da IBA Eo-Foz delimitada en 1998 pola SEO-Birdlife, é Monumento Natural desde o ano 2005, foi declarada Zona de Protección Especial dos Valores Naturais no ano 2008 e é Lugar de Importancia Comunitaria formando parte da Rede Natura 2000.

Lamentablemente, todos eses recoñecementos e declaracións non teñen servido de moito: verteduras de fecais desde as fosas, erosión dos cantís, pisoteo da flora protexida, aparcadoiros precarios-ilegais, risco para as persoas, déficit de infraestruturas, suciedade nos aseos, insuficiente vixilancia, vertidos de lixo, masificación e problemas nos accesos son problemas recorrentes que ano tras ano afectan ao entorno, aos seus visitantes e aos responsables da súa xestión. Unha nova declaración, desta volta como Parque Natural, de acordo coa nosa experiencia, traería máis publicidade e masificación para un espazo sen coidado nin financiamento.

A protección real chega a través do Plan de Ordenación dos Recursos Naturales (PORN), que di o que se pode e non se pode facer en cada zona, e do Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX), que define e asina financiamento ás medidas concretas cara á defensa efectiva. Porén, a Xunta de Galicia ten unha longa tradición na declaración de espazos protexidos para despois non redactar nin os PORN nin os PRUX -que legalmente teñen que aprobarse aos dous anos da declaración- (penso que só hai un espazo con PORN no noso país!). Polo tanto, cómpre pedir que se cumpra a Lei e que se aproben eses plans.

Alternativamente, o Concello pode explorar a vía do Urbanismo, redactando para As Catedrais un Plan Especial de Protección de acordo co artigo 69º da Lei do Solo de Galicia, como fixo para a protección do casco vello. Estes Plans se poden aplicar tamén para a protección de espazos naturais: foi a ferramenta empregada polos nosos veciños na praia de Penarronda para sacar o cámping das dunas, reubicar os aparcadoiros e establecer medidas de recuperación ambiental que fan compatible o uso turístico coa recuperación e conservación dos seus valores naturais.

viernes, 28 de junio de 2013

Novas da Europa Verde


Veño de asistir, como membro de Espazo Ecosocialista, a un seminario en Bruxelas organizado pola Green European Foundation. Trátase dunha organización que traballa para desenvolver as ideas e propostas do Partido Verde Europeo, a través de foros, xornadas temáticas e seminarios de formación das persoas interesadas, militantes dos partidos nacionais ou simplemente activistas ecoloxistas.

O seminario “Greening Europe: Toolkit for the European Green Activist” tiña por obxecto amosar o funcionamento das institucións europeas -a capacidade e limitacións do Parlamento Europeo, os mecanismos de codecisión entre o Parlamento, o Consello e a Comisión- asi como as posicións dos diferentes grupos políticos respecto aos temas ambientais, e mesmo do curioso xogo de intereses partidarios e nacionais dentro deles.

No transcurso do mesmo tiveron lugar presentacións e debates sobre a idea de Europa e a súa evolución, as políticas pesqueira e enerxética e a crise do euro (aquí participou Reyes Montiel, co-voceira de EQUO), todos eles de interese polos ponentes e máis polo intercambio de opinións entre os participantes de case todos os países da unión. Finalmente, visitamos o Parlamento Europeo e a sé do Partido Verde, onde falamos da organización da campaña e dos contidos do seu programa para as Europeas do vindeiro ano.

En definitiva, a viaxe cumpríu sobradamente as miñas expectativas, que non eran outras que aprender e comprender o xeito de funcionar das institucións europeas, e coñecer, sobre todo, a que mandamos xente a Europa, que fan e que non fan os nosos representantes, en que defraudan e de que se queixan, e como mellorar a nosa representación e o funcionamento da cámara en xeral. E de paso, recoller as ideas e visións que de Europa e de nós se teñen polo mundo adiante.

De todo ilo, regreso -nun resumo rápido- coas seguintes percepcións:

  • O Parlamento Europeo, única institución europea elixida democraticamente, funciona como unha cámara de partidos, e non en clave territorial. Aínda que os parlamentarios teñen liberdade de voto e as disciplinas non existen como pasa nas nosas cámaras, o voto en clave nacional é minoritario. O calidade do traballo parlamentario é moi variable: hai quen traballa arreo e quen chega como recompensa tras moitos anos nos partidos (cemiterio de elefantes -como o senado, pero máis lonxe- molestos?),
  • A representación dos intereses dos diferentes estados correspóndelle aos Consellos de Ministros -nos que participan os ministros dos diferentes estados- que por precisar maiorías cualificadas, adoitan recortar -por intereses nacionais- as propostas do Parlamento, en xeral máis avanzadas.

  • A actividade dos “lobbies” empresariais -pero también ecoloxistas e sindicais, aínda que nunha cantidade moi inferior- é moi importante: hai máis de 20,000 persoas vivindo ao redor do Parlamento tentando de convencer de xeito máis ou menos legal aos parlamentarios para influír nas regulacións que se están a elaborar.
  • O Partido Verde Europeo, unión de partidos verdes dos estados membros, non ten unha orientación política definida, debido á variabilidade entre as ideoloxías dos seus compoñentes, desde o capitalismo verde alemán ao ecosocialismo. Tal variabilidade ideolóxica pareceume pouco coherente co feito de que non pode haber dous papeletas de partidos do PVE competindo nunhas eleccións no mesmo territorio.
  • A visión da situación dos países do Sur desde os do Norte é varía entre o descoñecemento, a incomprensión, o reproche e a compasión paternalista. A explicación do papel xogado polo BCE na xestión dos tipos de interese na última década, ou a xestión da débeda (“quen debe e quen paga”) e dos riscos financeiros, e mesmo o futuro que espera aos traballadores do Norte de convivir cun Sur devaluado, pillaron por sorpresa a algúns dos participantes: a información aínda non traspasa fronteiras.
En resumo, uns días de moita aprendizaxe para todos, sobre que é e como funciona Europa, interesantes, amenos e divertidos... pero tamén unha certa decepción: a carencia dunha inequívoca vontade transformadora cara á superación do capitalismo, e a visión dual Norte-Sur nalgúns discursos. O 15M non entrou aínda con toda a súa forza na Europa, e tampouco nos verdes europeos. Ao tempo.

jueves, 30 de mayo de 2013

Se todos somos políticos, xestionemos xuntos os Concellos


Un reciente artigo no xornal dixital Praza Pública lembra e alerta sobre a tendencia dos partidos políticos de esquerda de atraer e incorporar aos líderes máis relevantes ou mediáticos dos movementos sociais. Persoalmente sempre me pareceu unha boa idea cara ao enriquecemento, mellora e actualización do discurso dos partidos, tan poboados de materia gris, pero no sentido de persoal cuxa mellor cualidade é a do seguidismo do lider de turno.
Lamentablemente esa idea non adoita dar lugar a un bo resultado na súa implementación. Os independentes, líderes dos movementos sociais, profesionais relevantes ou referentes do mundo da cultura, adoitan rematar ou ben desaparecidos tras seren fagocitados polo aparato do partido, adocenados nos seus escanos, ou ben de volta fóra da política tras perder coa súa independencia boa parte da súa capacidade de liderado.
Ao tempo, os movementos cidadáns perden os seus referentes, e morren de éxito ao acadar os partidos que reciben o seu apoio a vitoria electoral: gañada a súa loita de oposición ao goberno de turno, vense incapaces de manter a súa vocación de crítica e de control da acción do novo goberno. Como resultado, a cidadanía se desmobiliza, se aparta das forzas políticas e mesmo deixa de acudir a votar pensando non sin razón aquilo de “todos son iguais”.
Os que estamos a comezar a participar na vida política non debemos pensar que os nosos partidos son diferentes, e mesmo que nós mesmos somos distintos, de outra madeira e que nunca imos ver aos cidadáns como inimigos, que sempre imos a estar dispostos a escoitalos e manter as portas abertas. Cómpre logo establecer medidas concretas e procedementos que garantan a participación cidadá na xestión da vida pública.
Non é necesario inventar nada. O Concello de Ribadeo ten xa, aínda que paralizados desde fai moitos anos, dous instrumentos fundamentais para facelo. Un deles é a Ordenanza de Participación Cidadá, e outro a Axenda 21 Local, que leva aprobada desde fai unha década coa unanimidade das forzas políticas do Concello en 2002, e renovado o compromiso no 2008. A falla de vontade das tres forzas políticas maioritarias, que todas elas teñen pasado polo sillón da Alcaldía, reflicte a dificultade que mesmo no eido local, e nun Concello que pode considerarse dos avanzados, seguen a experimentar os partidos para compartir o poder e a responsabilidade coa cidadanía.
Non é certo que non se poida. Hai tamén exemplos de boa xestión, lugares onde a Axenda 21 funciona e mesmo existen boas experiencias de orzamentos participativos, onde os veciños deciden as prioridades do gasto municipal, onde a transparencia preside as adxudicacións e concursos. Se os políticos non temos ideas sobre como facelo, abramos as ventás e preguntemos á xente. Non esperemos á campaña electoral para facer as propostas. Imos aló, pódese.

domingo, 12 de mayo de 2013

O ouro do tolo

Nunha das excursións da facultade un dos compañeiros dixo que atopara ouro; en realidade era calcopirita, coñecida como o “ouro do tolo”, un mineral de cobre e ferro que brilla con cor amarela. As veces a xente se engana vendo riqueza onde non hai tal. Hoxe en Galicia e Asturias xente na súa desesperación engánase vendo riqueza onde non hai, mentres outros aproveitan para facer negocio.
A minaría existe desde sempre, a necesitamos para conseguir os minerais que precisamos no noso desenvolvemento. Non podemos elixir onde explotalos, só se queremos facelo ou non. Supón enormes movementos de terras, elimina a vexetación e o chan fértil, as terras removidas teñen contaminantes que van ao ar, ás augas, ao chan, e afectan ás persoas e a fauna.
Por iso, cómpre avaliar coidadosamente cada proxecto: saber se os beneficios sociais e económicos poden compensar os prexuízos ambientais, sociais e económicos; ver se quen leva os beneficios e quen carga cos prexuízos é a mesma xente, para artellar as compensacións precisas; para ser xustos cos nosos fillos e netos, estimar se os beneficios chegan para limpar a pegada da actividade mineira.
Cando os beneficios abondan para recuperar ambientalmente a contorna, descontaminala e compensar a quen se vexa afectado negativamente pola actividade, e ao tempo para cubrir unha póliza que asegure fronte ao risco de calquera accidente, hai poucas razóns para opoñerse ao proxecto. Pola contra, se os beneficios non abondan para pagar a póliza dos riscos, nin para limpar o terreo, nin para compensar a quen se vexa afectado pola actividade, e supón asumir unha herdanza eterna e ameazante para á comarca, o resultado desa avaliación non pode ser positivo.
Nos proxectos que se plantean en Tapia de Casariego (Asturias) ou en Corcoesto (Galicia), os beneficios da explotación non abondan para deixar o terreo limpo. Así mesmo, os riscos asociados de contaminación e afección á saúde, de accidente, de quebra da empresa pola baixada do prezo do ouro, non fican cubertos por garantías económicas. Tampouco as axencias de seguros cobren eses riscos: se o fixeran o custo da póliza faría inviable o proxecto.
En resumo, non hai beneficios netos: é un troco de cualidade ambiental e produtividade do noso chan a actual e futura por uns poucos postos de traballo durante dez anos. A empresa privada leva o ouro e deixa o veleno sen amañar a desfeita que provoca. Os gardas do ben común e do interese xeral, os nosos dirixentes, dan a súa bendición. Os técnicos calan lonxe dos micrófonos.
Non hai creación de riqueza, senón espolio: uns gañan e outros perden. Previsión: antes de 10 anos os mineiros pedirán aos seus veciños que loiten polos postos de traballo da mina. E o farán, porque sen agricultura, gandería, pesca nin turismo, non haberá xa máis alternativa que a mina ou marchar.

lunes, 1 de abril de 2013

Servizos públicos, sustentabilidade e soberanía


A estas alturas todos sabemos xa que debemos axustar os nosos hábitos de consumo para acadar a sustentabilidade ambiental e económica en tódolos eidos, tamén no que se refire á auga, á enerxía e aos residuos. Tamén somos conscientes de que cústanos mudar os nosos hábitos, e que a forma máis eficaz de facelo e tocarnos o peto: poñer tarifas que premien o aforro dos recursos e a boa xestión dos residuos, con respecto respectivamente ao seu despilfarro e mala xestión.
Porén, en moitos dos nosos concellos recursos e residuos son xestionados por compañías privadas que gañan máis cartos canto máis despilfarro haia: qué beneficio obtén unha compañía de fomentar o aforro no que vende? Para qué vai querer un xestor de residuos que produzamos menos residuos, se os seus ingresos medran canto máis residuo xeramos?
O papel dos políticos, tamén neste asunto, é esencial. Delegar a xestión de recursos e residuos en empresas privadas é unha decisión que esixe un control estrito do funcionamento das mesmas, co obxecto de asegurar unha xerarquía de intereses nas que o prioritario sexa o beneficio da veciñanza. Non falo do interés de hoxe, de despilfarrar sen pagar, ou de xestionar mal os seus residuos sen ser penalizado, senón do interés de todos no longo prazo (o ben común), que haberá que definir a través dun profudo debate, moita participación e corresponsabilidade por parte de toda a cidadanía.
Recuperar para o público a xestión deses servizos, na medida e coa velocidade que se poida, é recuperar unha peza substancial da soberanía local, da nosa capacidade de decisión e autoorganización, a chave que nos pode permitir poñer en marcha procesos poderosos de creación de emprego avanzando polo camiño da sustentabilidade no ámbito municipal.
A nova política esixe, tamén nestes eidos, transparencia, confianza e pedagoxía. Importantes decisións deben tomarse para transformar o noso xeito de consumir e producir a nosa enerxía, captar, distribuír e depurar a nosa auga, reducir a produción, recoller e reciclar os nosos residuos, producir e reciclar os nosos materiais de construción, producir e consumir os nosos alimentos e combustibles.
Este é o auténtico concepto de soberanía: alimentaria, enerxética, no abastecemento dos recursos básicos... Ao tempo que seguimos a esixir que nos deixen facer o que non nos deixan, por que non comezamos a traballar no que xa podemos facer? Por que non comezamos a crear desde a base unha economía local soberana, unha sociedade empoderada e non dependente? Fagamos o que xa podemos facer, exercitemos a soberanía que xa temos, camiñemos cara a non-dependencia doutros axentes e intereses económicos.
Desde a autonomía e independencia da filla que marchou da casa ou mesmo da terra, como tantos galegos tiveron que facer (pero tamén a do fillo que ficou na casa e nela ten o seu traballo e a súa familia, como tantas galegas tamén fixeron), poderemos manter co resto das comunidades veciñas deste pequeno planeta relacións de amizade entre iguais e de intercambio (social, cultural, económico). É esta soberanía auténtica a que nos proverá de emprego e recursos para enfrontar o futuro. Comecemos a traballar por esa soberanía nos nosos propios concellos, que así non temos que esperar que ninguén nos dea o seu permiso.

lunes, 18 de febrero de 2013

El discurso de Pepe Mújica en Río

Transcribo en esta entrada, a modo de homenaje, el discurso de Pepe Mujica en Río:
Autoridades presentes de todas la latitudes y organismos, muchas gracias. Muchas gracias al pueblo de Brasil y a su Sra. presidenta, Dilma Rousseff. Muchas gracias también, a la buena fe que han manifestado todos los oradores que me precedieron. Expresamos la íntima voluntad como gobernantes de apoyar todos los acuerdos que, esta, nuestra pobre humanidad pueda suscribir.

Sin embargo, permítasenos hacer algunas preguntas en voz alta.

Toda la tarde se ha hablado del desarrollo sustentable. De sacar las inmensas masas de la pobreza. ¿Qué es lo que aletea en nuestras cabezas? ¿El modelo de desarrollo y de consumo que queremos es el actual de las sociedades ricas?

Me hago esta pregunta: ¿qué le pasaría a este planeta si los hindúes tuvieran la misma proporción de autos por familia que tienen los alemanes? Cuánto oxígeno nos quedaría para poder respirar? Más claro: ¿tiene el mundo los elementos materiales como para hacer posible que 7 mil u 8 mil millones de personas puedan tener el mismo grado de consumo y de despilfarro que tienen las más opulentas sociedades occidentales? ¿Será eso posible? ¿O tendremos que darnos otro tipo de discusión?

Hemos creado esta civilización en la que hoy estamos: hija del mercado, hija de la competencia y que ha deparado un progreso material portentoso y explosivo. Pero la economía de mercado ha creado sociedades de mercado. Y nos ha deparado esta globalización, cuya mirada alcanza a todo el planeta. ¿Estamos gobernando esta globalización o ella nos gobierna a nosotros? ¿Es posible hablar de solidaridad y de que “estamos todos juntos” en una economía que basada en la competencia despiadada? ¿Hasta dónde llega nuestra fraternidad?

No digo nada de esto para negar la importancia de este evento. Por el contrario: el desafío que tenemos por delante es de una magnitud de carácter colosal y la gran crisis que tenemos no es ecológica, es política. El hombre no gobierna hoy a las fuerzas que ha desatado, sino que las fuerzas que ha desatado gobiernan al hombre. Y a la vida. 


No venimos al planeta para desarrollarnos solamente, así, en general. Venimos al planeta para ser felices. Porque la vida es corta y se nos va. Y ningún bien vale como la vida. Esto es lo elemental. Pero la vida se me va a escapar, trabajando y trabajando para consumir un “plus” y la sociedad de consumo es el motor de esto. Porque, en definitiva, si se paraliza el consumo, se detiene la economía, y si se detiene la economía, aparece el fantasma del estancamiento para cada uno de nosotros. Pero ese hiper consumo es el que está "agrediendo" al planeta.

Y tienen que generar ese hiper consumo, cosa de que las cosas duren poco, porque hay que vender mucho. Y una lamparita eléctrica, entonces, no puede durar más de 1000 horas encendida. ¡Pero hay lamparitas que pueden durar 100 mil horas encendidas! Pero esas no, no se pueden hacer; porque el problema es el mercado, porque tenemos que trabajar y tenemos que sostener una civilización del “úselo y tírelo”, y así estamos en un círculo vicioso.

Estos son problemas de carácter político. Nos están indicando que es hora de empezar a luchar por otra cultura. No se trata de plantearnos el volver a la época del hombre de las cavernas, ni de tener un “monumento al atraso”.
Pero no podemos seguir, indefinidamente, gobernados por el mercado,
"sino que tenemos que gobernar al mercado". Por ello digo, en mi humilde manera de pensar, que el problema que tenemos es de carácter político.


Los viejos pensadores –Epicúreo, Séneca y también los Aymaras- definían: “pobre no es el que tiene poco sino el que necesita infinitamente mucho”.
Y desea más y más. "Esta es una clave de carácter cultural"

Entonces, voy a saludar el esfuerzo y los acuerdos que se hagan. Y lo voy acompañar, como gobernante. Sé que algunas cosas de las que estoy diciendo "rechinan". Pero tenemos que darnos cuenta de que la crisis del agua y de la agresión al medio ambiente no es la causa. La causa es el modelo de civilización que hemos montado. Y lo que tenemos que revisar es nuestra forma de vivir.

Pertenezco a un pequeño país muy bien dotado de recursos naturales para vivir. En mi país hay poco más de 3 millones de habitantes. Pero hay unos 13 millones de vacas, de las mejores del mundo. Y unos 8 o 10 millones de estupendas ovejas. Mi país es exportador de comida, de lácteos, de carne. Es una penillanura y casi el 90% de su territorio es aprovechable.

Mis compañeros trabajadores, lucharon mucho por las 8 horas de trabajo. Y ahora están consiguiendo las 6 horas. Pero el que tiene 6 horas, se consigue dos trabajos; por lo tanto, trabaja más que antes. ¿Por qué? Porque tiene que pagar una cantidad de cosas: la moto, el auto, cuotas y cuotas y cuando se quiere acordar, es un viejo al que se le fue la vida. Y uno se hace esta pregunta: ¿ese es el destino de la vida humana? ¿Solamente consumir?

Estas cosas que digo son muy elementales: el desarrollo no puede ser en contra de la felicidad. Tiene que ser a favor de la felicidad humana; del amor a la tierra, del cuidado a los hijos, junto a los amigos. "Y tener, sí, lo elemental". Precisamente, porque es el tesoro más importante que tenemos. Cuando luchamos por el medio ambiente, tenemos que recordar que el primer elemento del medio ambiente se llama "felicidad humana".

lunes, 28 de enero de 2013

Autónomos a 50 euros

O de funcionar a base de "ocurrencias" era a crítica permanente de Rajoy a Zapatero, e non estaba desencamiñado. Para conseguir o éxito das iniciativas fai falla facer unha diagnose, planificar unha estratexia acorde aos medios dispoñibles e deseñar a súa posta en marcha.
Por iso a nova hoxe publicada de rebaixar o custo dos seguros sociais dos mozos, sorprendente e sen negociación previa coñecida, ten todas as papeletas para ser unha máis desas "ocurrencias", sen garantía de dar o froito esperado ou mesmo coa capacidade de xerar máis dano que beneficio a día de hoxe.
Porque o problema que acontece agora na nosa contorna, e que están xa a ver chegar os veciños do norte levándoos con nós ao pozo, é o da falla de demanda. Nesta sociedade de consumo o motor gripa cando falla o consumo, e sen salario nin crédito, os brotes verdes non aparecen por ningures.
Por iso, a creación de nova actividade produtiva sen que exista un incremento da demanda só pode facerse a costa doutra actividade que terá que pechar. Os xoves que se poñan como autónomos poden ser máis competitivos ca outros que xa estean desenvolvendo a actividade. Tamén os empresarios que cada volta con máis frecuencia "contratan" autónomos van sentir a tentación de coller un menor de 30 anos a 50 € e botar a un maior, ou a outro mozo que xa estivera dado de alta antes de hoxe. Pero é pouco posible que a xente que non está a consumir hoxe comece a facelo mañá, se non é a costa doutros consumos.
Cal é logo a saída? Como crear emprego se o consumo non se relanza e isto é un xogo de suma cero onde se alguén mellora, outro empeora? Sempre se pode facer algo: podemos elixir quen vai empeorar. Podemos crear emprego restando os beneficios das grandes empresas multinacionais.
Un exemplo: mudar o consumo de gasóleo de calefacción (cartos para as transnacionais) por biomasa (cartos para empresas locais, xeradoras de demanda de man de obra no medio rural, e que reparte os cartos nos propietarios dos montes, na nosa proximidade). Podemos mudar o contrato coa nosa gran compañía eléctrica e asinar un novo cunha pequena comercializadora independente ou mesmo integrarnos nunha cooperativa enerxética como "Som Energía" que empregue enerxías renovables, xeradoras de emprego.
Mesmo poderíamos mudar o plan PIVE de fomento de compra de automóbiles e polo tanto de consumo de petróleo, por un plan de fomento de instalacións solares ou de biomasa, que non só crean máis emprego, senón que no longo prazo deixan máis cartos no peto do cidadán, que poden gastarse no local no canto de en combustible estranxeiro, creando aínda máis emprego.
Podemos mudar o sistema de xestionar os nosos residuos que nos obriga a transportalo todo á Coruña máis de 100 km, cun custo enorme, e con eses cartos facer plantas de compostaxe locais que transformen en compost o noso lixo orgánico (ollo, falamos de 500.000 €/ano nun concello de 10.000 almas).
En fin, que xa que non hai cartos novos, repensemos onde estamos a poñer os que temos: pode ser que atopemos novas ideas, novos camiños que nos axuden a aforrar, mellorar a nosa contorna e crear emprego todo á vez. Pero sentémonos a falalo, planifiquemos e debatamos. Deixemos xa no pasado as "ocurrencias".

sábado, 15 de diciembre de 2012

El oro o la vida

El obispo Ramazzini no pudo venir a Tapia por problemas de agenda de última hora, pero fue sustituído con brillantez por José Antonio Noval, párroco de la Pola que ejerce en la diócesis de San Marcos desde hace diez años, trabajando codo con codo con Ramazzini. Su exposición fue directa y clara, tanto como lo es el documental "El oro o la vida" protagonizado por Ramazzini, disponible en internet. Mi enhorabuena a la Asamblea Ciudadana Occidente - A Mariña y a la Casa Azul de Navia por su iniciativa.

"Hemos de defender la primacía de la persona sobre el dinero", la frase que pronuncia el obispo al inicio del documental, resume la problemática de la minería del oro en América latina, en Tapia (Asturias) y en Corcocesto (Galicia). A lo largo de la sesión fue quedando claro a todos los asistentes que el oro no es el futuro, sino el final. El párroco asturiano nos fue desvelando paso a paso que tras el paso de la mina sólo queda veneno, enfermedad y pobreza. Que la miopía de muchos ciudadanos y la corrupción o ineptitud de los dirigentes políticos abren el paso a empresas que mienten, coaccionan y hasta matan sin escrúpulo alguno.

Sólo la información y la movilización unánime de los pueblos, de nuevo, como siempre, pueden salvarnos. Cien, doscientos puestos de trabajo precarios durante diez años no pueden ser el pago para la desaparición de una comarca. La creación de empleo precario en la mina se contrarresta por las pérdidas en los sectores del turismo, la agricultura, la ganadería y la pesca, derivadas de la destrucción del paisaje y la contaminación de suelos y aguas. Los beneficios económicos se van al extranjero, mientras los costes sanitarios y ambientales quedan aquí en forma de enfermedades cutáneas, intoxicaciones y cánceres, de ríos, vegas y costas estériles, de paisajes destruídos.

A todo esto, nuestras administraciones renuevan su actitud de sumisión al poderoso, deshonra nacional para una derecha ideológica que tantas veces saca pecho de casta y poderío, siempre con el débil. Incapaz de ponerse firmemente al criterio de los buenos profesionales con los que cuenta, se afana en su papel vergonzoso que trata de desenrollar la alfombra roja, de asignar ayudas y permisos aceleradamente al mister Marshall de turno. Administraciones que multan a un pequeño ganadero por verter una cisterna de xurro cerca de un río y permite después a la gran minera su destrucción y canalización para llenar el valle de fangos con cianuro.

¿Corrupción o ineptitud? ¿Dónde están las garantías? ¿Qué pasa si el oro baja en los mercados internacionales? ¿Quién garantiza que las telas no se rompen bajo el peso de los fangos contaminando las aguas subterráneas para siempre? ¿Qué estudios de control de la salud de las personas están planteados? ¿Cuáles son las finanzas exigidas para evitar que las mineras escapen tras un posible accidente o abandonen el territorio sin restaurarlo? ¿Están concretadas las responsabilidades políticas y penales para quien dé permisos saltándose las leyes nacionales y europeas?

Aprendamos en cabeza ajena antes de jugarnos el futuro de nuestros hijos: hay alternativas de desarrollo: en el sector primario ecológico, en la industria de transformación de esos productos, en las energías renovables, en la eficiencia energética, en la rehabilitación de edificaciones para el aislamiento térmico... pero en todo caso siempre es mejor emigrar que arruinar tu tierra para siempre. Quien emigra hoy puede volver, tras la mina nada será igual. Es el oro o la vida.

Aire fresco en Tapia de Casariego

En esta época en que cuando hablamos de personajes públicos suele ser para denunciar comportamientos poco ejemplares, en que se menta la regeneración ética de camino al juzgado, en que los ayuntamientos nombran hijos predilectos a exbanqueros de pensiones millonarias y que se defiende públicamente sin rubor a políticos presuntamente corruptos, es de agradecer que de vez en cuando tengamos la oportunidad de recibir algo de aire fresco a través de la visita de personajes admirables.
 
El pasado jueves estaba prevista la visita a Tapia de Casariego del obispo guatemalteco Álvaro Ramazzini, un “obispo del pueblo”, uno de esos ejemplos de lo que podría ser la alta jerarquía eclesiástica "si Jesucristo levantara un día la cabeza" y el puño. Ejerció en la diócesis de San Marcos desde 1989 hasta hace cuatro meses, donde nada más llegar comprendió que necesitaba conocer la realidad de su Departamento y lo recorrió con una mochila en la espalda, durmiendo en escuelas, iglesias y casas de labranza. Su implicación lo ha llevado a defender a su gente más allá de los límites de Guatemala: es presidente de la Pastoral por la movilidad humana, que denuncia las limitaciones al movimiento de las personas frente a la libertad del de los capitales.

Álvaro Ramazzini recibió en 2005 el premio estatal de Austria “Konrad Lorenz” para la protección de la naturaleza y del medio ambiente, por su defensa de la reforma agraria como herramienta contra la pobreza, su denuncia de las consecuencias de los tratados de libre comercio para los pueblos de centroamérica, y su compromiso contra el proyecto de minería oro de la norteamericana Glamis Gold Ltd., que amenaza con destrozar la base de vida de la población indígena de la región.

Aprovechando su presencia en Asturias para recoger el premio internacional Derechos Humanos 2012 del ayuntamiento de Siero, la Asamblea Ciudadana Mariña-Occidente le invitó a hablar en Tapia sobre el tema de la minería del oro, tan de actualidad en nuestra comarca y sobre el que cuenta con tan larga exeriencia. Se trataba de anticipar la realidad de lo que supone una gran explotación minera, conocer de las prácticas de estas multinacionales, de los beneficios y perjuicios reales de estas actividades para los habitantes durante la explotación, y de lo que dejan tras de sí cuando marchan.