lunes, 28 de octubre de 2013

Vencedores e vencidos


Como non vou entender a quen se indigna porque o asasino do seu pai saia libre, aínda que saia libre tralo cumprimento de vintecinco anos de cadea! Se me cabreo inda eu, que nin me matou nin me feríu! Comprendo a súa dor e tamén a necesidade de reparación, de recoñecemento da culpa, de pago da débeda.
Comprendo mesmo a tentación da vinganza. Cómo non vou comprender a quen se ve tentado de tomarse a xustiza pola súa man trala morte da súa filla violada, do seu pai asasinado, da súa familia bombardeada? É moi humán, estragado pola dor da perda, coller unha pedra, un coitelo, unha pistola, un cinto explosivo, e buscar a vinganza.
Afortunadamente, case sempre hai arredor xente que nos acompaña, nos axuda a recapacitar, nos fai ver que ese camiño non leva a ningures. Hai exemplos abondos do seu fracaso: Eta e o GAL, Israel e Palestina, as guerras de Oriente Medio e o terrorismo islamita...
Cómpre buscar o camiño alternativo: a comunicación, o recoñecemento da culpa, o arrepentimento e a procura da reparación do dano causado ne medida que se poida, cun obxectivo xeneroso e ben definido: que os nosos fillos non vivan a mesma dor ca nós, que todo acabe aquí, que o conflicto non perdure no tempo.
Esa é a victoria de todos.
Dende logo, para iso, primeiro ten que haber xustiza. E o certo é que de todos os comentados, só no caso das vítimas de ETA a houbo. Nunca abondará para elas -lóxico-, pero se miran ás outras vítimas no noso país e no resto do mundo, ao menos terán o consuelo de que elas, aínda que tarde, foron recoñecidas, defendidas, axudadas e homenaxeadas.
Outras aínda andan polas cunetas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario