Copio aquí algunas de mis ocurrencias. No está muy elaborado, pero como habréis visto llevo un tiempo ocupado sin posibilidad de sentarme a pensar sobre casi nada. El caso es que tras leer algunos de los programas me parece que se pueden proponer más ideas, así que, que no se diga que no hay gran cosa que hacer. Por ideas que no quede.
- Medio natural
Coñecer, recuperar e divulgar o noso patrimonio natural coa axuda dos veciños, como única vía para a súa protección efectiva.
a. Aproveitamento da inminente aprobación do Plan Director da Rede Natura para o desenvolvemento coas Consellerías implicadas de iniciativas de mellora e conservación dos nosos espazos protexidos (LICs Ría de Ribadeo e As Catedrais).
b. Busca de ferramentas (convenios co INEM, xornadas de voluntariado, etc.) para manter limpas de silveiras as ribeiras dos nosos ríos, permitindo o coñecemento e uso polos veciños deste patrimonio de todos, como paso imprescindible para a súa defensa. Procura dunha liña de contacto con Augas de Galicia para a tramitación áxil de permisos para a limpeza das marxes.
c. Delimitación de espazos de interese ecolóxico, paisaxístico ou patrimonial, acadando acordos cos seus propietarios para a súa protección e posta en valor aproveitando a figura legal de Espazos Protexidos de Interese Local.
- Residuos
Defender a redución na xeración de residuos mediante unha reeducación dos hábitos de consumo, a sensibilización e a pedagoxía. Seguir a concienciar aos cidadáns dos custos derivados da xestión dos residuos para acadar unha redución do seu volume e un incremento do seu aproveitamento a través da reciclaxe.
a. Aprobar coa participación de todos unha nova Ordenanza de Protección Ambiental para adaptar a existente á normativa e á realidade ribadense do 2011.
b. Promover a compostaxe dos residuos orgánicos no rural, e negociar coa Consellería de Medio Ambiente a implantación da recollida selectiva da fracción orgánica na vila.
c. Estudar cos técnicos da consellería a viabilidade de establecer no Concello unha planta de compostaxe para dar saída aos lodos da nova depuradora, os puríns das explotacións agrarias, os residuos de xardinaría e a fracción orgánica do lixo, convertendo o actual problema económico e ambiental nunha oportunidade para a creación de emprego.
d. Realizar as xestións precisas para permitir o uso polas empresas do concello do Punto Limpo, establecendo unha taxa razoable para axudar as empresas a unha xestión correcta dos mesmos e ao tempo incrementar a rendibilidade desta infraestrutura.
e. Cooperar coas explotacións gandeiras para a xestión dos purins, a través da súa compostaxe, o seu uso como fertilizante ou seu aproveitamento para xerar enerxía, permitindo manter a calidade dos nosos ríos e recupera-la pesca fluvial como recurso turístico nas parroquias do interior.
f. Cooperar cos veciños, a consellería e a deputación para poñer en marcha sistemas de saneamento no rural mediante técnicas sostibles ambiental e economicamente, como lagoaxe ou filtros verdes.
- Recursos naturais
Fomentar desde o concello o aforro e a eficiencia no uso dos recursos naturais como primeira opción.
a. Continuar coas campañas de fomento do aforro de auga. Analizar o impacto da nova Lei de Augas de Galicia no prezo da auga e estudar a posibilidade dunha baixa dos mínimos de consumo.
b. Seguir a promover a eficiencia e o aforro enerxético nas instalacións municipais e os fogares e o emprego de enerxías limpas e renovabeis, dando publicidade ás iniciativas nese sentido doutras administracións.
c. Seguir a fomentar a redución do consumo de bens en xeral, apoiando as iniciativas nese sentido como o desenvolvemento de mercadiños de troco, as cooperativas de consumo de produtos locais ou o intercambio de servizos entre cidadáns.
d. Seguir a fomentar o transporte sostible, apoiando o incremento da frecuencia das liñas de FEVE, a conexión ferroviaria con Lugo, e analizando a viabilidade de alternativas de transporte público no noso concello.
e. Desincentivar o emprego do transporte privado, continuando coa peonización de rúas e apostando pola bicicleta, especialmente no caso dos centros de ensino. Analizar a viabilidade de aparcamentos públicos cubertos para bicicletas en puntos estratéxicos. Facer carrís-bici ou rutas ciclistas preferentes na vila e entre a vila e as praias.
- Desenvolvemento rural
Promover a agricultura ecolóxica, a gandería extensiva e a xestión forestal sostible no noso concello como as únicas estratexias viables economicamente no longo prazo, e cooperar activamente coa consellería de Desenvolvemento Rural no deseño e posta en marcha de iniciativas orientadas nese sentido.
a. Aproveitar tamén as oportunidades que brinda a Reserva da Biosfera para a busca e difusión de formas sostibles de desenvolvemento económico do rural, como novos cultivos, aproveitamentos silvopastorais, comercialización directa dos produtos agrarios, pequenas iniciativas de industrias transformadoras, etc.
b. Facilitar a conexión dos produtores locais cos sectores turístico e de servizos para favorecer a viabilidade das explotacións e a diferenciación da nosa hostalería cunha marca de calidade relacionada coa Reserva da Biosfera.
c. Elaborar unha base de datos de terras sen uso para poñer en contacto a gandeiros cos seus propietarios, facilitando o incremento da base territorial das explotacións gandeiras. Fomentar a súa inclusión no Banco de Terras.
d. Fomentar a creación de sociedades forestais (SOFOR), con vistas a mellorar a rendibilidade e sostibilidade ambiental dos nosos montes.
e. Informar aos titulares das explotacións agrarias sobre os riscos económicos e ambientais ligados ao emprego de fitosanitarios e sementes transxénicas,
f. Cooperar no deseño e implantación destas e outras iniciativas cos sectores implicados e cos profesionais de Medio Rural radicados no noso concello.
- Participación cidadá
Fomentar a participación cidadá no deseño das políticas, estratexias, plans, programas e proxectos do Concello a través das ferramentas xa en marcha como a nova Axenda XX1 Local e a Ordenanza de Participación cidadá recentemente aprobada, como única vía para acadar un desenvolvemento axeitado desde o punto de vista social.
Promover desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña, a asociación da Reserva da Biosfera e calquera outros foros a eficiencia no emprego dos recursos, as enerxías renovábeis, a protección do medio ambiente e a participación pública como ferramentas imprescindibles para o desenvolvemento económico e social da nosa comarca.
Hola Iván. Da gusto ler as túas ideas e propostas. Lástima que non teñas ti o poder para desenvolvelas todas e levalas a cabo. Pero ánimo para seguir "facendo camiño".
ResponderEliminarSaudos