Ao final semella que imos pagar entre
todos a luz de Alcoa coma antes, o mesmo que prohibiu a UE no seu
día, salvo que todo sexa unha farsa para gañar votos. Lin o outro
día que a enerxía eléctrica que emprega na fabricación do
aluminio ven a ser entre un 40 e un 60% do seu custo de
funcionamento. E que porén, o custo que lle supoñen os
2000 traballadores é só o 2%. É dicir, que os salarios
dos traballadores son entre 20 e 30 veces menos que o custo da
electricidade.
Supoño que é un erro, porque se é
así, non entendo o negocio que facemos subvencionando entre todos
nós até as dúas terceiras partes da súa factura enerxética (até
un 40% logo dos seus custos totais) para manter uns postos de
traballo que supoñen 20 veces menos cartos. Se as contas son esas,
con eses cartos poderíamos pagar o salario de até 40000
traballadores, pero aínda que fallen algo, seguro que ben poderiamos
coller aos 2000 de Alcoa e aos 4700 traballadores desempregados da
comarca da Mariña.
As cousas non son tan sinxelas, porque
Alcoa a maiores dos salarios paga impostos, pero é que os
inspectores de facenda denuncian que coas deducións e aproveitando
ocos na normativa as empresas transnacionais acaban por pagar o que
queren, e de xeito habitual menos dun 15% dos seus beneficios. Menos que
os autónomos, as PEMES e os asalariados. Entón, a recadación de
impostos obtería unha suba enorme se eses cartos foran salarios
directos e non subvencións a unha grande empresas trasnacional.
Por suposto que se simplemente se pecha
Alcoa non crearíamos empregos aquí, nin os de hoxe nin outros. Por
iso a proposta alternativa podería ser empregar os cartos que
lles damos para transformar Alcoa nun
centro de investigación e fabricación dunha Empresa Pública
Galega de Enerxías Renovables, con man de obra cualificada
e investigadores deses que estamos a botar, para fabricar paneis solares e miniaeroxeradores que nos liberen a todos do
xugo de Eón.
Velahí a viraxe cara a unha
Alternativa de verdadeiro futuro para a nosa bisbarra.
PD: infórmate sobre Alcoa y sus consecuencias ambientales: http://www.calameo.com/read/000471136b7730c85893d
PD: infórmate sobre Alcoa y sus consecuencias ambientales: http://www.calameo.com/read/000471136b7730c85893d
Hai un mes: "hoxe toca apagón"
ResponderEliminar