Ordenando a miña cabeza, coma sempre desordenada, pensaba hoxe que a indignación que deu pé ó 15M responde a unha serie de agresións simultáneas -consustanciais- do capitalismo global á sociedade, ás nosas distintas sensibilidades.
Por unha banda, a tendencia culturalmente homoxeneizadora que nos muda pouco a pouco os costumes, a cultura, a lingua, a dieta, o ocio, para poñelos ó servizo do consumo global, do produtor global, de xeito que sexa doado concentrar o fluxo de cartos nunhas poucas empresas produtoras. O noso espírito de pobo como unidade cultural en risco de desaparición rebélase contra esta tendencia global.
En segundo lugar, a competencia global que plantexa ese mercado, no canto de permitir a mellora das condicións de vida nos países máis pobres do planeta está desfacendo os logros que tan lentamente teceron os nosos pais e avós. As normas do comercio global, escritas pola man dos poderosos, impiden vetar a entrada de produtos que empregan traballo escravo, polo que estamos abocados, nesa competencia, a sermos todos escravos. Mesmo os logros da precaria creación de emprego que vivimos hoxe a través da devaluación de salarios durarán o que tarden os nosos competidores en asumir que deben baixar tamén os seus nesta carreira en espiral cara o desastre.
En terceiro lugar, tampouco o capital global está interesado no futuro -os homes máquina que deciden onde voan os cartos polos fíos de fibra óptica non pensan máis aló dos resultados anuais que marcarán os seus beneficios-. Tampouco a OMC permite ós estados rexeitar produtos que teñen contaminado o chan, os ríos o mar ou a atmosfera no seu proceso produtivo -ou desertizado bosques ou eliminado hábitats naturais-, polo que a carreira á devaluación das condicións de vida é tamén unha carreira cara á destrución do planeta.
A tripla ameaza contra a cultura dos pobos, a súa calidade de vida e o seu medio natural precisa para a súa aceptación pola sociedade duns medios que agochen e enganen, dun sistema que adormeza, e na última instancia dun goberno que reprima a quen levante a voz. A cuarta ameaza é polo tanto a degradación da propia democracia.
Non é polo tanto estraño que a nosa Marea inclúa no seu seo os grupos que defenden, cada un coas súas prioridades, a nosa identidade como pobo, a xustiza social, a conservación do noso medio e a calidade democrática. Son estas as catro ameazas que afrontamos, e só xuntando as nosas forzas seremos quen de facerlles fronte.
Só compartido o tempo e o camiño poderemos comprender que as catro ameazas veñen dun único inimigo, recoñecer a importancia das achegas dos outros e a necesidade de ir construíndo xuntos un relato integral que explique de xeito claro ós nosos concidadáns a necesidade de organizar a resistencia a ese proceso homoxeneizador, inxusto, destrutivo e represor que é o sistema capitalista global.
Porque catro patas, sendo importantes, non fan unha mesa: precisamos achegar esa mensaxe á xente do común. Serán eles quen poidan -ou non- subir nelas e formar o taboeiro, a superficie sobre a que desenvolver unha sociedade diversa, xusta e sustentable. Unha democracia real.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEn mi opinión, tus cuatro patas se sustentan en ideas o mitos confusionarios y oscurantistas, tales como el mito de la Cultura, el mito de la Naturaleza o el fundamentalismo democrático: "una democracia real", ¿no te refieres más bien a "una democracia ideal"? Creo que hablar de democracia real en esos términos es caer en el voluntarismo, identificando lo que uno quisiera que son las cosas con la realidad, con la "realpolitik". Es, por poner un ejemplo, como si dijeramos que el perpetuum mobile (idea pura) es el motor real y el motor que conocemos, con sus rozamientos y sus problemas, es el falso motor.
ResponderEliminar