miércoles, 9 de mayo de 2012

De novo pecando pola esquerda



O pecado orixinal da esquerda non é patrimonio nacional, non se restrinxe a Galicia nin a España, e tampouco se ve influído polo sistema electoral.
Os recentes comicios celebrados en Grecia amosan unha distribución, os asimilamos aos grupos políticos do noso país, dun 29,5 do centro dereita, un 13% da socialdemocracia, un 30,7% da esquerda e un 7% da extrema dereita xenófoba.
O máis novidoso é o "sorpasso" da Syriza (IU) sobre o Pasok (PSOE), acadando o 16,6% dos votos, a só 2,4 puntos do máis votado, o ND (PP).
Como se ve no gráfico, o sistema de adxudicación de escanos en Grecia é singular grazas á derradeira reforma electoral: o gañador recibe 50 escanos a maiores (¡50 dos 300 que ten o parlamento!).























Pois ben, trala incapacidade da ND de acadar apoios para continuar a política imposta desde a UE (só o PASOK o apoia e non son abondos escanos), chégalle o turno á Syriza, que inmediatamente recibe o apoio de Nova Esquerda, unha secesión recente da mesma Syriza, pero tampouco van ter apoios necesarios para poñer en marcha a política alternativa que reclaman.

Como é doado de ver, se ambos grupos tiveran ido xuntos ás eleccións no canto de escindirse, haberían superado en 3,7 puntos ao ND, e a maiores dos seus 71 deputados actuais terían acadado o premio dos outros 50, para un total de 121 deputados de 300, a só 3 deputados de poder, co apoio do KKE e quen sabe se algún outro, poñer en marcha un novo modelo económico en Europa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario