No manifesto de RiBadeo en común falamos de construir de xeito cooperativo un modelo de concello coherente e sustentable, económica, social e ambientalmente. Se o grupo de programa debe traballar para xerar propostas acordes ó manifesto, cómpre poñer negro sobre branco a idea que temos do que significan esas verbas. Aquí vai unha primeira achega.
A coherencia nas políticas do
concello supón que o traballo que desde el se fai está dirixido de
xeito global a acadar uns obxectivos. É dicir, que no canto de
consistir nunha serie de actuacións independentes dirixidas a
solventar necesidades ou poñer en marcha iniciativas puntuais, o
noso traballo seguirá un plan integral -dinámico e acordado coa
veciñanza- dirixido a transformar o Ribadeo actual no Ribadeo que
queremos construír.
O Concello sustentable significa
que ese modelo que queremos construír debe cumprir a condición de
ser viable no tempo tanto social como ambientalmente. Non pode, por
tanto, estar baseado en políticas que se esgoten en si mesmas, como
o crecemento urbanístico ou turístico sen máis, en procesos
produtivos que esgotan os nosos recursos ou se basean en recursos
alleos, na degradación da contorna ou na alienación das persoas a
través da explotación e a precariedade.
Cómpre logo, como paso previo áo
deseño e aprobación de medidas, facer un debuxo do Ribadeo ó que
imos, do destino da nosa viaxe. Só sabendo onde imos poderemos saber
se progresamos ou non. Só sabendo como queremos vivir, que rural,
que modelo turístico, que calidade ambiental, que relacións
sociais, que saúde e cultura nos gustaría ter, poderemos coñecer,
ano a ano, se estamos ou non a achegarnos a ese destino. Debuxo a
continuación a miña particular Utopía ribadense.
Sociedade ribadense
As ribadenses somos persoas felices,
capaces de gozar das festas e das bibliotecas, indo ó teatro ou
escoitando á banda, tomando os viños ou en tertulias de café,
facendo deporte ou de copas coas amigas.
As ribadenses son xentes solidarias cas
súas veciñas de dentro e de fóra, queren e respectan ás súas
maiores e traballan para que as xeracións futuras vivan, ó menos
tan ben coma a súa.
A xente miúda recuperou as rúas,
transita e xoga nelas sen perigo, e os seus pais gozan dunha
liberdade maior ca nos anos pasados. Menos coches e máis bicicletas,
con espazos preferentes para a súa mobilidade e aparcadoiros
cubertos, xeran un ambiente máis limpo e saudable.
O Concello de Ribadeo é un exemplo de
transparencia e participación. As xentes de Ribadeo están informadas
e comprometidas coa mellora da súa vida, acuden ás asembleas
veciñais para criticar e propóñer medidas que melloren o xeito de
facer as cousas.
O programa de traballo, baseado no
programa electoral, é aberto a modificación polos propios veciños.
Os cargos políticos están suxeitos á revogabilidade a través dun
procedemento regulado.
A cidadanía exixe ser informada e ten
acceso a toda canta información solicita de xeito doado e rápido.
Existe un sistema informático -baseado en software libre- ao servizo
da trasmisión de información áxil á veciñanza, e á recepción
das súas preguntas, suxestións e demandas.
Existen ferramentas de participación
en todas as concellerías a través de comisións sectoriais que
reunen a políticos, funcionarios e asociacións en xuntanzas ás que
teñen acceso todos os veciños.
Os orzamentos se debaten públicamente
e se presentan por territorios. Os veciños deciden o destino da
parte dos cartos que non está comprometida (en salarios de persoal e
outros custos fixos) a través de ferramentas de participación
(p.e., asembleas -na vila e nas parroquias- nas que se presentan,
debaten e deciden as actuacións e investimentos que se levarán a
cabo en cada terriorio).
Servizos públicos
O Concello conta cun persoal elixido de
xeito transparente de acordo co seu mérito e capacidade, sen lugar a
amiguismos e corruptelas, que se afana polo servizo á súa
veciñanza.
As xentes de Ribadeo conciben a saúde
e a educación -máis aló de como servizos públicos básicos a
defender- como o resultado das súas propias decisións:
alimentación, actividade física, disfrute da lectura, da música,
das artes, etc.
O centro de saúde conta co persoal
preciso nun servizo ininterrumpido de 24 horas. O Hospital da Costa
está ben comunicado a través dun horario de FEVE axeitado. A
atención médica telefónica e telemática están maximizadas.
Existen ferramentas de participación da cidadanía, tanto no deseño
de programas globais cara á mellora da saúde coma na xestión da
súa atención médica.
Os centros educativos contan cos
recursos persoais e materiais precisos para desenvolver o seu
importante cometido. Hai un compromiso da sociedade ribadense que vai
máis aló da achega deses recursos, que inclúe tanto a
participación da sociedade e a administración local na xestión dos
centros, como a participación dos centros -estudantes, familias e
docentes- na xestión do local: os centros están comprometidos na
formación integral da cidadanía ribadense.
A atención aos maiores respecta á súa
vontade, é inclusiva e forma parte da vida ribadense. Os maiores son
parte da sociedade ribadense e contan tanto para recibir servizos
como para achegar propostas. A súa experiencia é parte esencial da
nosa cultura, e a súa memoria un ben a conservar. A sociedade
ribadense está comprometida -máis aló de contar cos servizos de
residencias e centros de día precisos- coa integración dos maiores
na vida pública.
Non hai en Ribadeo poboación marxinal
ou en risco de exclusión. Os programas de prevención funcionan
axeitadamente co compromiso das administracións e de todos os
ribadenses.
Economia
A economía de Ribadeo é sá e
equilibrada. Os orzamentos municipais priorizan a xeración de
emprego a través dun programa de compra pública local polo que se
adquiren bens e servizos aos propios veciños aplicando criterios de
proximidade e sustentabilidade, a maiores dos puramente económicos.
As persoas desempregadas teñen a opción de acceder a un programa no que a cambio do seu traballo en actividades de interese social reciben unha achega en moeda local que serve para comprar alimentos no comercio local, pagar impostos e servizos municipais ou o aluguer e gastos das vivendas protexidas.
Ribadeo extrae sustentablemente os
recursos que precisa (agricultura, gandeiría, recursos forestais,
canteiras, pesca, marisco, enerxía eólica e solar) sen contaminar a
contorna e de xeito económicamente viable, abastecendo en boa medida
as súas propias necesidades de alimento, enerxía e materiais de
construción.
Con respecto ao ano 2015, a gandeiría
de leite reduciu enormemente o seu peso: hoxe contamos cunha
explotación por parroquia, que explota en rotación extensiva
ecolóxica as pradeirías mediante sistemas de propiedade e traballo
compartido. Coa metade de vacas e o 25% da produción do 2015,
empregamos catro veces máis persoal e aínda saen as contas.
Os montes son máis diversos, mantendo
espazos naturais nas vaguadas, nos cumios e nas ladeiras máis
costas, e estando o resto adicado ao 50% ao eucalipto e o piñeiro
para biomasa e construción.
A agricultura multiplicou por dez a súa
superficie adicada á produción de alimentos, especialmente da horta
e as froiteiras. Hai tamén pequenas empresas de produción de ovos,
coellos e gando menor.
Grazas á recuperación da formación
na Pedro Murias e á experiencia dos obradoiros veciñais de
conservas e lácteos, Ribadeo conta hoxe cun sector secundario
baseado na tranformación desa produción (produtos de madeira,
industrias de envasado, conservas alimentarias). Os ciclos formativos
en agroecoloxía e enerxías renovables axudaron tamén deron saída
a novos profesionais e á aparición de pequenas empresas e
cooperativas nestes eidos.
O sector da construción ten
evolucionado cara á bioconstrución, a rehabilitación das
edificacións cara á eficiencia enerxética, constituíndo un axente
de cambio que recibe fondos públicos cun retorno económico a través
do aforro enerxético e a sustentabilidade.
Ribadeo ten un sector servizos dinámico
e moderno, baseado nun turismo que aproveita uns recursos ambientais
ben conservados, dando traballo a pequenas empresas especializadas. A
hostalería recupera e conserva os sabores típicos da nósa vila
-dando saída aos alimentos producidos no nóso rural e litoral- e
comparte o esforzo para recuperar á súa beleza. O comercio local,
que tamén da saída ás producións locais, segue a ser o referente
na nosa bisbarra, que está a recuperar poboación.
As empresas ribadenses, conscientes de
que os traballadores e os clientes son as mesmas persoas, manteñen
unhas condicións laborais -horarios e salarios- compatibles cun
nivel de vida satisfactorio para toda a veciñanza.
Servizos básicos sostibles
Os servizos de luz, auga e
telecomunicacións teñen unha calidade que satisface á veciñanza,
que os emprega con mesura e paga por eles un prezo axeitado ó seu
custe.
A traída de auga ten unha cualidade
que fai innecesario mercar auga embotellada. Os veciños teñen
instalados sistemas de aforro de auga e consumen menos cantidade de
auga e enerxía ca onte. Os prezos son abondos para cubrir os custos,
e proporcionais ó consumo en función do número de persoas
empradroadas en cada vivenda.
O abastecemeto eléctrico ten unha
cualidade homologable co do resto do país. Unha parte cada vez maior
da enerxía é producida no propio concello de xeito renovable. O
consumo do alumeado tense reducido moito grazas a medidas de
eficiencia e aforro implementadas de acordo cos veciños.
O programa de mellora do illamento das
vivendas ten progresado moito, polo que o consumo enerxético da
veciñanza diminuíu. Eses cartos nos nosos petos repercuten na
mellora da economía local. Unha parte creciente do calor procede da
biomasa dos nosos montes, garantindo unha saída a prezo razoable á
nosa produción de madeira -e mantendo o gasto en calefacción no
circuíto económico local-.
O volume de lixo xerado diminuíu
ostensiblemente. A fracción orgánica é compostada en proximidade
para producir fertilizante, e crea 10 postos de traballo. Debido á
redución no custe de xestión, centos de milleiros de euros
afórranse cada ano, destinándose a outras finalidades decididas
polos propios veciños.
Espazos naturais
A sociedade ribadense fai un uso
moderado dos recursos de que dispón, consciente de que teñen que
durar para sempre. Non pecha os ollos aos procesos de degradación e
contaminación do medio: lembra as riquezas que existían no pasado e
traballa pola súa recuperación.
Os ríos e regos son corredores
ecolóxicos que conectan as zonas naturais dos cumios co litoral.
Algunas das ribeiras mellor conservadas teñen sendeiros sinalizados,
e volve a pescarse a troita neles. Os veciños aproveitan a madeira
das ribeiras de acordo co criterio da gardeiría fluvial baixo a
supervisión do Concello.
A ría mantén a riqueza ornitolóxica
que levou á súa protección, e recuperou a riqueza pesqueira e
marisqueira, que son aproveitadas de xeito equilibrado e sostible.
Non recibe verquidos contaminantes e nas súas marxes medra un bosque
diverso de especies autóctonas atravesado por unha senda salpicada
de observatorios para as aves en puntos estratéxicos.
O litoral protexido ribadense, libre de
construcións, é un recurso turístico aproveitado de xeito
compatible coa súa conservación. Surcado por roteiros ben
sinalizados, permite aos usuarios disfrutar dunha paisaxe que combina
a natureza cos aproveitamentos económicos permitidos. As
edificacións discordantes teñen sido eliminadas, as compatibles
rehabilitadas e os espazos degradados recuperados. Outros espazos
naturais e patrimoniais -fragas, castros, etc.- teñen sido
inventariados, sinalizados e protexidos, tras chegar a acordos cos
seus propietarios.
Que vos parece? Como vedes, hai un
futuro posible ao que achegarse. Sen prisas, sen pausas, cómpre
poñerse a traballar canto antes. Traballando, cooperando,
construíndo, en Común.
Y cuando hablas de ese modelo que queremos construir, ¿quienes son nosotros?
ResponderEliminar"As xentes de Ribadeo están informadas e comprometidas coa mellora da súa vida, acuden ás asembleas veciñais para criticar e propóñer medidas que melloren o xeito de facer as cousas."
¿Qué ocurriría si estas gentes acuden a las asambleas para defender sus intereses particulares? ¿Qué ocurre si existen grupos de personas en dichas asambleas con intereses contrapuestos y forman grupos de presión?
Tu utopía me recuerda a la de Ceferino Piriz.
Hola Javi! Perdona mi desconexión tras las elecciones municipales. Hoy es el primer día que he regresado a mi blog: el palo que llevamos fue tal que he necesitado replegarme sobre mi mismo a reflexionar. Seguramente precisaré algún mes más antes de atreverme a decir nada nuevo DDD.
ResponderEliminarEso no quita responder a tus preguntas, aunque tan tarde que ya poco te importará!
1. ¿quienes son nosotros? Este texto está redactado como una aportación al ideario de Ribadeo en Común. Pretendía reflejar un escenario de futuro en el que los principios de los componentes de ReC hubieran sido compartidos y aplicados en nuestro ayuntamiento.
2. ¿Qué ocurriría si estas gentes acuden a las asambleas para defender sus intereses particulares? ¿Qué ocurre si existen grupos de personas en dichas asambleas con intereses contrapuestos y forman grupos de presión? Yo sostengo que la única vacuna frente a la manipulación de las asambleas es que la asistencia a las mismas sea general. Y que para que eso suceda las asambleas tengan capacidad decisoria en ámbitos de interés para los ciudadanos.
Muchas gracias por tu aportación. Los blogs se benefician mucho de la retroalimentación de sus lectores. Un saludo!