domingo, 12 de febrero de 2017

Antes que dean as dúas en Podemos


Pensade na responsabilidade ante os votantes e a importancia de manter a ilusión. 

Estes dous meses de inferno mediático podemos desculpalos, pero agora o tempo de debate interno rematou. A xente decidiu e toca seguir a dirección sinalada polos 155.000 participantes. Tanto se gaña unha opción como se gaña a outra, precisamos humildade para aceptar o resultado, confianza no criterio da Asemblea en que o camiño elixido é (hoxe) o mellor, responsabilidade para non transmitir frustración nin incertezas, e solidariedade para poñerse a traballar na dirección marcada.

Ós que non sexas quen de asumir o mandato de unidade e a dirección sinalada pola Asemblea, hailles que pedir que se esforcen en irse botando ó lado pouco a pouco e sen estridencias. Aínda que non se vexan hoxe con forzas de remar nunha dirección que consideran errónea, seguen a coincidir no obxectivo final do proceso. Pode ser que nalgúns meses esa mesma Asemblea decida que a súa posición era máis axeitada, e tire deles para reorientar o rumbo do barco.

Todos estamos a navegar nun mar novo, e temos que estar abertos á discrepancia. Todos queremos ir ó mesmo sitio, e só cando esteamos aló saberemos cal era o camiño bo. Ninguén pode asegurar que a opción que gañe hoxe marque o mellor camiño: simplemente será o primeiro que ides probar. Humildade a todos, gañadores e perdedores, e moita prudencia.

E unidade: cantos máis vaiades ós remos, antes remataredes a viaxe. Os inimigos, e os amigos -de dentro e do resto de Europa-, estamos a mirarvos. Algúns babean e frótan as mans agardando reproches, división e egoísmos. Outros mantemos a esperanza na vosa intelixencia e xenerosidade.

Tócavos amosar grandeza de espírito, flexibilidade e convencemento democrático.

1 comentario: